Que alumnado debe facer a preinscrición antes de formalizar a matrícula?
O alumnado de novo acceso debe facer unha preinscrición previa antes de formalizar a súa matricula nos prazos establecidos.
Que se entende por alumnado de novo acceso?
- Alumnado novo na EOI:
- As persoas que se matriculan pro primeira vez no primeiro curso (A1) de calquera idioma.
- As persoas que solicitan acceso directo con titulacións doutros organismos certificadores que lles da acceso a un nivel diferente de A1/A2.
- As persoas que fixeron a proba de clasificación na convocatoria de xuño deste ano ou no ano anterior.
- As persoas que aprobaron algún polo réxime libre e queren continuar os seus estudos polo réxime oficial.
- Alumnado que xa estivo na EOI:
- O alumnado que estivo matriculado o curso pasado e que presentou renuncia á matricula.
- O alumnado que estivera matriculado noutra EOI de Galicia o curso pasado e pida traslado de expediente.
- O alumnado que xa cursou con anterioridade ao curso pasado algún idioma nunha EOI de Galicia.
- O alumnado que o curso pasado só estivese matriculado nun curso para colectivos profesionais ou público en xeral (cursos monográficos)
![]() |
![]() |










