Taxas para a matrícula oficial
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
Apertura expediente | Servizos xerais | Docencia por idioma | Total matrícula oficial | ||
1 idioma | 2 idiomas | ||||
| 1)Alumnado ordinario novo | 22 € | 13 € | 92 € | 127 € | 219 € |
| 2)Alumnado ordinario antigo | 0 € | 13 € | 92 € | 105 € | 197 € |
| 3)Alumnado ordinario (que xa está matriculado nun idioma e quere matricularse nun idioma adicional) | 0 € | 0 € | 92 € | 92 € | 184 € |
| |||||
- Segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, artigo 4, o alumnado na modalidade oficial pode fraccionar o pago en dous prazos. Pode informarse desta modalidade de pagamento nesta ligazón.
Códigos de tramitación para matrícula | ||
| Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 | |
| Delegación de Lugo | 20 | |
| Servizo: Ensino Medio | 03 | |
| Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas | 350800 | |
| ||
Exencións e descontos:
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais, segundo proceda. (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Máis información sobre exencións e descontos
![]() |
![]() |










