Taxas para a matrícula oficial con pago fraccionado
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
Segundo o DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, artigo 4 (DOG 114 do 17 de xuño), o alumnado na modalidade oficial pode fraccionar o pago en dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida.
No caso de optar polo pago fraccionado da matrícula oficial, débense seguir estes pasos e achegar a seguinte documentación:
- En CentrosNet: indicaranse na aplicación os 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pagamento fraccionado.
- Achegarase o certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade desta conta nunha das entidades colaboradoras.
- No caso de que a/o alumna/o non sexa titular da conta indicada, deberá achegar xunto coa documentación da titularidade unha autorización de domiciliación asinada pola persoa titular da conta.
Importante:
- A non asistencia de xeito regular a clase ou a renuncia ao curso non exime do pago íntegro da matricula.
- A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos, cando se opte por fraccionar este, producirá automaticamente a anulación da matrícula en todas as disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ao primeiro prazo dos prezos públicos.
- O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso anterior, deberá abonar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula no presente curso.
Taxas para a matrícula oficial con pago fraccionado
|
|
| Total matrícula oficial | |||
| Apertura expediente | Servizos xerais | Docencia por idioma | 1º prazo | 2º prazo | Total (1 idioma) | |
| 1) Alumnado ordinario novo | 22 € | 13 € | 92 € | 81 € | 46 € | = 127 € |
| 2) Alumnado ordinario antigo | 0 € | 13 € | 92 € | 59 € | 46 € | = 105 € |
| 3) Alumnado ordinario (que xa está matriculado nun idioma e quere matricularse nun idioma adicional) | 0 € | 0 € | 92 € | 46 € | 46 € | = 92 € |
| ||||||
Códigos de tramitación para matrícula | ||
| Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 | |
| Delegación de Lugo | 20 | |
| Servizo: Ensino Medio | 03 | |
| Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas | 350800 | |
Exencións e descontos:
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais, segundo proceda. (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Máis información sobre exencións e descontos
![]() |
![]() |










