Documentación que se precisa para a matrícula oficial
Documentación para todo o alumnado:
a) Xustificante do abonamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño). En caso de ter dereito a bonificacións ou exencións de prezos públicos correspondentes, achegaranse os certificados correspondentes. (Tarxeta de familia numerosa en vigor, certificado emitido pola Dirección Territorial para os funcionarios docentes, certificado de discapacidade, etc).
b) No caso de fraccionar o pagamento da matrícula, indicaranse na aplicación os 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, xunto co certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade desta nunha das entidades colaboradoras. No caso de que a persoa que se matricula non sexa titular da conta indicada, deberá achegar xunto coa documentación da titularidade unha autorización de domiciliación asinada pola persoa titular da conta.
c) Solicitude de adaptación de probas. O alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente pode solicitar adaptación das probas. Deberá cubrir o anexo V da resolución de matrícula e presentar a documentación correspondente xunto coa restante documentación de matrícula. Pódese descargar o formulario de solicitude de adaptación de probas nesta ligazón-anexo V de solicitude de adaptación de probas
- O alumnado que xa teña concedida no(s) curso(s) anterior(es) unha adaptación non terá que volver solicitala, a menos que precise actualizar a documentación presentada con anterioridade.
- O alumnado que ao longo do curso requira unha adaptación por circunstancias sobrevidas, poderá solicitala segundo o procedemento descrito no apartado c).
d) Menores. Os titores legais do alumnado menor de idade deberán ler e cubrir o Anexo 7.1 que os informa sobre o control de faltas de asistencia do alumnado e como se notificarán as ausencias do profesorado. Este documento débese achegar debidamente asinado xunto coa documentación de matrícula. Pódese descargar o formulario do anexo 7.1 de protocolo de menores nesta ligazón.
Alumnado de novo acceso:
O alumnado de novo acceso deberá presentar, ademais da anterior, a seguinte documentación:
a) Identificación. Fotocopia do DNI, NIE, TIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. No caso de que a persoa se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a matrícula. Neste caso, o prazo final estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
ELE. O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país en que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
b) Menores. O alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro do ano en curso, debe achegar un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO no curso escolar 2025/26. Este certificado debe ser expedido polo centro onde estea matriculado, consonte ao formulario que se pode descargar nesta ligazón (Anexo IV-certificado 1ª lingua estranxeira).
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlles solicitar a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
![]() |
![]() |










