Matrícula SEN preinscrición
Para o alumnado oficial matriculado no curso 2025-26 que continúa estudando na mesma EOI e no mesmo idioma
O alumnado oficial matriculado no curso 2025-26 (que non presentase renuncia) e que desexe continuar estudos no curso 2026-27 no mesmo idioma e escola, deberá realizar a reserva de praza e a formalización de matrícula nos prazos indicados na resolución de matrícula:
- Matrícula ordinaria (8-19 de xuño 2026)
- Matrícula extraordinaria (26 de xuño-6 de xullo 2026)
Máis información sobre prazos de matrícula
Reserva de praza
- Acceso. Acceda a aplicación Centrosnet e seleccione EOI de Lugo ou EOI de Lugo-sección de Sarria, segundo corresponda.
- Identificación. Empregue o seu usuario e contrasinal habituais para acceder á aplicación (Acceso a Centrosnet). En caso de dúbida, consulte coa escola.
- Reserva de praza. Ao entrar na aplicación o alumnado accederá a unha pantalla con información acerca do curso en que lle corresponde matricularse e poderá elixir un grupo dos que se lle oferten.
- Confirmación da reserva de praza de matrícula. Unha vez que o alumnado confirme a selección do grupo no que matricula, esta non poderá ser modificada nin anulada.
Ao confirmar a reserva de matrícula, o sistema xerará un resgardo onde se indicará o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora en que se grava a súa solicitude. O alumnado recibirá información dos prezos públicos correspondentes para que poida efectuar o pagamento polos procedementos establecidos na resolución de matrícula.
Neste punto, a praza está reservada e pendente de formalización.
A formalización da matrícula está supeditada á presentación de toda a documentación requirida na resolución de matrícula. Este proceso realizarase desde a mesma aplicación empregada para a reserva de praza, como se indica a continuación.
Formalización de matrícula
O alumnado oficial matriculado no curso 2025-26 e que realizou reserva de praza terá que formalizar a matrícula aboando os prezos públicos e presentando a documentación precisa, como se indica a continuación:
1. Pagamento das taxas de matrícula.
Unha vez realizada a reserva de praza en liña, deberase efectuar o pagamento dos prezos públicos segundo o establecido na resolución de matrícula e obter o resgardo que certifique este pagamento, que se deberá achegar coa documentación correspondente en cada caso. (Taxas matrícula oficial)
O pago da matrícula deberá efectuarse nos prazos establecidos. No caso de non efectuarse o pagamento en prazo, ou de non achegar a documentación acreditativa deste, anularase a reserva de praza.
Se o precisa, consulte a seguinte guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria.
2. Presentación de documentación
A documentación cargarase, dentro dos prazos establecidos, na aplicación desde a ligazón:
https://www.informaticacentros.com/xunta
Na circunstancia de que se requira a presentación de documentación adicional, o centro informará debidamente a persoa solicitante a través dun correo electrónico e a persoa solicitante deberá achegala a través da aplicación de matrícula, dentro dos prazos establecidos.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
3. Formalización da matrícula
Unha vez que o alumnado achegue correctamente o resgardo do pagamento das taxas correspondentes e o resto da documentación requirida na resolución de matrícula, segundo corresponda, recibirá un correo electrónico do centro coa confirmación da formalización da súa matrícula.
Tras finalizar cada prazo de matrícula, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán anuladas e, polo tanto, liberadas para o seguinte prazo de matriculación ou listaxe de espera, e a/o solicitante perderá calquera dereito sobre a reserva da súa praza.
Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
![]() |
![]() |










