Acceso á plataforma CentrosNet
O acceso a plataforma CentrosNet faise premendo no botón de enlace que está fixado á dereita nas páxinas da web da EOI de Lugo. Se vostede está matriculado na sección de Sarria, debe premer no botón de CentrosNet da sección.
Estos son os datos que precisa para acceder á plataforma:
- Usuario: número de expediente ou data de nacemento co formato dd/mm/aaaa
- Contrasinal: DNI sen letra final
- Contrasinal personal de alumno: novo contrasinal xerado polo alumnado. Se non se lembra, pódese premer en Lembrar contrasinal e seguir os pasos.
Para máis información sobre o acceso a CentrosNet e como xerar o contrasinal persoal preme aquí.
Para máis información sobre as instrucións de acceso e utilidades de CentrosNet preme aquí
![]() |
![]() |










