Matrícula CON preinscrición
Prazos:
- 1º paso: fase de preinscrición-15 xuño- 06 xullo (23.59h)
- Adxudicación de prazas - 8 xullo Acto público, ás 9.00 horas, na EOI de Coruña
- Consulta de admisión- A partir do dia 9 de xullo, nesta ligazón.
- 2º paso: fase de formalización da matrícula- 09 xullo - 20 xullo (23.59h)
Para alumnado de novo acceso
Para os efectos de preinscrición e adxudicación de prazas, terá que realizar a preinscrición todo o alumnado de novo acceso. Que se considera por alumnado de novo acceso (e debe preinscribirse)
No caso de que a persoa candidata se identifique cun documento distinto do DNI ou do NIE, deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a preinscrición. Neste caso, o prazo final estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
1º Paso: Fase de preinscrición
1. Acceso ao sistema. Todas as preinscricións deberán presentarse obrigatoriamente en liña nos prazos establecidos (Prazos de matrícula) nsesta ligazón matrícula
https://www.eoidigital.com/preinsxunta
2. Identificación do alumnado.
- a. Datos de identificación. A persoa que desexe solicitar unha praza nas escolas oficiais de idiomas deberá darse de alta no sistema. Para iso deberá indicar a súa data de nacemento e o seu número de DNI ou NIE.
O alumnado que non estea en posesión dun DNI ou NIE debe formular a solicitude presencialmente na oficina administrativa do centro. Neste caso, o prazo establecido para a preinscrición estará suxeito ao horario da secretaría do centro onde se solicite a praza. - b. Datos persoais. Unha vez que se acceda coa data de nacemento e o número identificativo, terase acceso a unha pantalla para introducir os datos persoais, que deben consignarse con exactitude,
Igualmente, terase que introducir un contrasinal que permitirá con posterioridade acceder ao proceso de preinscrición en liña. Debe lembrar este contrasinal.
Os datos introducidos poderán ser modificados con posterioridade, sempre e cando a/o usuaria/o posúa os datos de acceso.
3. Solicitude de praza (preinscrición: 15 de xuño ao 06 de xullo 2026)
Unha vez cubertos todos os campos de datos persoais, e a continuación das pantallas de confirmación, accédese á solicitude de prazas.
- Na pantalla aparecen, en primeiro lugar, dous cadros despregables de datos nos que hai que indicar o idioma que se solicita e o curso.
- A oferta é conxunta entre todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia, polo que no despregable aparecerá a oferta de todas as EOI.
- A solicitude é única por idioma, é dicir, unha mesma persoa solicitante non poderá realizar máis dunha preinscrición para un mesmo idioma.
- Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de dous idiomas e indicar, para cada idioma, ata tres preferencias de horario, de ser dispoñibles na oferta horaria do centro no que se preinscriba.
- O sistema poderá emitir resgardos como garantía da solicitude da praza.
4. Consulta e modificación de solicitudes realizadas.
- A solicitude realizada poderá ser consultada, modificada e mesmo eliminada en calquera momento mentres estea aberto o período de solicitude.
- Para volver acceder abondará con consignar a data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.
Adxudicación de prazas
Adxudicación de prazas (sorteo 8 de xullo de 2026)
A adxudicación de prazas realizarase da seguinte maneira:
- No momento da preinscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude.
- Seguindo o procedemento establecido na resolución de matrícula, obterase, en sorteo público, na data establecida, un número de corte aleatorio por idioma de entre todos os números que a aplicación lle asignou ás solicitudes. Adxudicaráselle praza á primeira solicitude co número obtido no sorteo (respectando a orde de preferencia indicada), e a partir dela adxudiranse todas as demais
- Unha vez comprobadas as peticións de todas as persoas solicitantes, xerarase unha lista de reservas, que comezará pola primeira persoa solicitante que non obtivese praza.
Confirmación da praza solicitada.
Unha vez realizada a adxudicación de prazas, o alumnado pode acceder á plataforma de matrícula para consultar se obtivo praza e confirmar que a acepta premendo sobre unha ligazón directa á zona de matriculación.
En caso de adxudicación de praza en dous idiomas en dúas escolas distintas, a persoa deberá optar por un só idioma nunha soa escola. Só se permitirá a matrícula simultánea en dúas escolas no caso de que un dos dous idiomas, ou ben un nivel concreto, se oferte nunha soa das escolas.
Ao confirmar a matrícula, o sistema xerará un resgardo onde se indicará o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora en que se grava a súa solicitude. O alumnado recibirá información dos prezos públicos correspondentes para que poida efectuar o correspondente pago polos procedementos establecidos na resolución de matrícula.
Neste punto, a praza está reservada e pendente de formalización.
2º Paso: Formalización de matrícula (9-20 de xullo de 2026).
O alumnado de novo acceso ao cal se lle adxudicou praza terá que formalizar a matrícula, dentro dos prazos establecidos, na mesma ligazón da preinscrición https://www.eoidigital.com/preinsxunta
No caso de non efectuarse o pagamento, ou de non achegar a documentación acreditativa do mesmo, anularase a reserva de praza.
1. Pagamento das taxas de matrícula
Unha vez realizada a adxudicación de praza, debese efectuar o pagamento dos prezos públicos segundo o establecido na resolución de matrícula e obter o resgardo que certifique este pagamento, que se deberá achegar co resto da documentación que corresponda en cada caso. Máis información sobre as taxas da matrícula oficial
O alumnado pode efectuar o pagamento das taxas ben nas entidades bancarias que correspondan, ou telemáticamente. (Máis información)
Se o precisa, pode consultar esta guía para pagar as taxas na ofician virtual tributaria
2. Presentación da documentación
Debe achegar na ligazón de preinscrición toda a documentación necesaria, segundo corresponda en cada caso, xunto co certificado de pagamento de prezos públicos correspondentes válido.
Na circunstancia de que se requira presentación de documentación adicional, o centro informará debidamente á persoa solicitante.
Unha vez revisada toda a documentación, o centro confirmará a formalización da matrícula a través do correo electrónico facilitado polo alumnado. Ata este momento, a matrícula non se considerará formalizada.
Tras finalizar cada prazo de matrícula, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán anuladas e, polo tanto, liberadas para o seguinte prazo de matriculación ou listaxe de espera, e a/o solicitante perderá calquera dereito sobre a reserva da súa praza.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
![]() |
![]() |










