Taxas e procedemento de pagamento
Canto custa estudar na EOI?
As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).
A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito:
- Alumnado ordinario novo: é o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.
- Alumnado ordinario antigo: é o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia. Débese achegar documento acreditativo.
- Alumnado ordinario: é o alumnado matriculado no curso actual e quere facer matrícula nun idioma adicional.
- Alumnado con exención: é o alumnado que se pode acoller ás exencións no pagamento estipuladas pola lexislación vixente.
Trámites que requiren pagamento de taxas (prema na ligazón correspondente):
- Códigos de pagamento e tramitación de taxas
- Taxas para a Matrícula na proba de clasificación
- Taxas para a Matrícula oficial
- Taxas para a Matrícula Oficial con fraccionamento de pago
- Taxas para a Matrícula en cursos monográficos
- Taxas para a Matricula libre
- Taxas para a Solicitude de títulos académicos
- Bolseiros
- Exencións e descontos nos prezos públicos
Modelos oficiais para abonar as taxas
Quedará xustificado o pagamento mediante a presentación dun dos seguintes modelos oficiais:
- Modelo E de autoliquidación en papel (á disposición nos centros educativos). Debe presentarse e validarse na entidade bancaria.
- Modelo AI ou 731, que pode descargar dende Atriga (ligazón para descargar estes impresos ↩) e que debe presentarse impreso e cuberto na entidade bancaria para a súa validación.
- Modelo 730 co código seguro de verificación (CSV), xerado desde a Oficina Virtual Tributaria, no caso de pagamento telemático (https://ovt.atriga.gal/ ↩). IMPORTANTE: o recibo do pago con tarxeta que tamén se pode obter realizando o pago telemático non é válido.
O pagamento poderase realizar en calquera das entidades financeiras colaboradoras ↩ na recadación de taxas e prezos que veñen relacionadas no anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992 ↩
IMPORTANTE:
O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento nalgún curso anterior deberá aboar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula.
Non se admiten fotos dos documentos, deben achegarse escaneados.
Procedemento para o pagamento das taxas
Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:
NAS ENTIDADES BANCARIAS:
- Pode xerar electrónicamente un impreso estándar Modelo AI ou un modelo 731 para o pagamento desde esta ligazón↩. Unha vez xerado o impreso, debese imprimir e completar cos seus datos persoais e os códigos de tramitación↩ pertinentes. Consigne tamén nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar e o obxecto de pago, segundo o seu caso. (Pode consultar as páxinas 2 e 3 da seguinte guía para ver como cubrir o campo obxecto de pago)
- Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
- Achegue escaneados os dous resgardos selados que lle devolva o banco xunto coa demais documentación de matrícula.
TELEMÁTICAMENTE (POR INTERNET):
Se o precisa, pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
- Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón ↩, e siga a ruta: Cidadáns>Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa>Premer no cadeado aberto>Iniciar taxa (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación ↩ e dea a orde de pago.
- Para que este trámite teña validez, debe descargar o xustificante de pago modelo 730 , no que conste un código seguro de verificación (CSV) composto de 16 caracteres alfanuméricos. Non é válido o recibo do pago con tarxeta que tamén se pode obter realizando o pago telemático.
- Achegue unha copia do modelo 730 xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.
![]() |
![]() |










