Taxas na modalidade de matrícula libre
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
Apertura expediente | Taxa de exame por idioma | Total matrícula libre | ||
1 idioma | 2 idiomas | |||
| 1)Alumnado ordinario novo | 22 € | 46 € | 68 € | 114 € |
| 2)Alumnado ordinario antigo | 0 € | 46 € | 46 € | 92 € |
| ||||
Códigos de tramitación para matrícula | ||
| Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 | |
| Delegación de Lugo | 20 | |
| Servizo: Ensino Medio | 03 | |
| Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas | 350800 | |
Exencións e descontos:
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais, segundo proceda. (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Máis información sobre exencións e descontos
![]() |
![]() |










