Ir o contido principal
Inicio

Navegación principal

  • Inicio
  • A EOI
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Horarios
    • Calendario escolar
    • Exames
    • Documentos do centro
    • Proxectos de innovación
    • Biblioteca
    • EDLG
    • Asociación Mar de Lenguas
  • Idiomas
    • Alemán
    • Árabe
    • Chinés
    • Español como lingua estranxeira
    • Francés
    • Galego
    • Inglés
    • Italiano
    • Portugués
    • Ruso
    • Xaponés
  • Seccións
    • Arteixo
    • Carballo
    • Cee
    • Culleredo
  • Secretaría
    • Contacto
    • Horario
    • Acceso a CentrosNet
    • That's English!
    • Trámites administrativos
      • Solicitude de títulos
      • Solicitude de certificados académicos
      • Cambios de horario
      • Solicitude de adaptación
      • Renuncia á matrícula
      • Traslados
      • Devolución de taxas
      • Reclamación de cualificacións
    • Matrícula
      • Oficial
      • Cursos de destrezas sen exame
      • Cuadrimestral
      • Libre
      • CELGA e LAG
  • Ausencias

Cee: Novas

xefatura

Horario de atención

 

Desde o 1 de setembro  haberá atención presencial con cita previa. 

Xoves día 3 o horario de atención será de 09:30 a 13:00 

Luns día 7, martes día 8 e xoves dia 9 o horario de atención será de 09:30 a 13:00.

 

O horario variará segundo o día e á organización de reunións de inicio do curso.  Aconsellamos enviar un correo electrónico para solicitala. 

 

COMEZO DAS CLASES

Cursos oficiais: a partir do 14 de setembro, o primeiro día que o grupo teña clase. NON haberá presentación xeral para o alumnado de novo ingreso na sección.

O alumnado NON debe comprar o libro de texto ata que llo indique o profesorado.


No mes de agosto a sección de Cee permanecerá pechada. Para consultas debe dirixirse á secretaría da EOI da Coruña:

Tfno. 981185858

Enderezo electrónico: eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal 


Matrícula prazas vacantes

Do 3 de agosto ao 18 de setembro a matrícula está aberta sen necesidade de preinscrición, ata completar prazas.

  • Persoas que queiran matricularse nun curso oficial e non fixeron a preinscrición ou non se matricularon en prazo:

    • Poden formalizar a súa matrícula nesta ligazón. Debe achegarse a documentación que se indica aquí.

    • Información para o pago das taxas.

    • Información sobre os modos de acceso a cursos superiores.
       


Proba de clasificación en setembro

No mes de setembro celebraranse probas de clasificación de todos os idiomas e seccións, co fin de que as persoas que posúen coñecementos dun idioma pero non un certificado que o acredite poidan matricularse nun curso superior ao primeiro nas vacantes que quedan en setembro.

Hai que ter en conta que:

  • Se xa te matriculaches para o curso 2026-27, non podes presentarte á proba de clasificación de setembro.

  • Presentarse ás probas de clasificación non garante que haxa praza vacante no nivel asignado.

O alumnado interesado en presentarse a ditas probas deberá formalizar a súa matrícula nelas entre o 27 de agosto e o 2 de setembro ás 14:00, seguindo o procedemento que atopará aquí.

Poden consultarse as datas nas que se celebrarán as probas de cada idioma e sección no seguinte documento.


Resolución de matrícula para o curso 2026/27

Publicouse a Resolución do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2026/27, na que se establecen as seguintes datas de matrícula:

  • O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 realizará a reserva de praza e a matrícula na ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, seguindo as instrucións que se atopan aquí, nos seguintes prazos: 

    • Período de matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2025/26 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2026/27 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

    • Período de matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.

  • Cursos de destrezas sen exame: matrícula directa do 8 de xuño ata esgotar prazas, seguindo as instrucións que se atopan aquí. Non ofertados na sección de Cee.

  • O alumnado oficial de novo acceso deberá realizar a preinscrición entre o 15 de xuño e o 6 de xullo na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta. As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación terán que formalizar a matrícula do 9 ao 20 de xullo.

Podes consultar a nosa Oferta horaria do curso 2026/27


Probas de clasificación de xuño de 2026

No mes de xuño celebraranse probas de clasificación de todos os idiomas e seccións, co fin de que as persoas que posúen coñecementos dun idioma pero non un certificado que o acredite poidan preinscribirse nun curso superior ao primeiro. 

O alumnado interesado en presentarse a ditas probas deberá formalizar a súa matrícula nelas entre o 25 e o 29 de maio ás 14:00, seguindo o procedemento que atopará aquí.

Poden consultarse as datas nas que se celebrarán as probas de cada idioma e sección no seguinte documento.


PERÍODO DE EXAMES

A partir do día 11 de maio, desenvólvense as diferentes probas de promoción e certificación, polo que os horarios de Xefatura de estudos veranse afectados. Se desexa contactarnos, deixe a súa mensaxe por teléfono ou correo electrónico e responderemos en canto sexa posible.

A información sobre as probas atópase na lapela EXAMES.

Os prazos para a matrícula do próximo curso aínda non foron publicados. 


CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS

Do 7 de abril ao 18 de maio pódense solicitar as bolsas de estudos do Ministerio de Educación. Toda a información, aquí.


RENUNCIA Á MATRÍCULA

Para renunciar á matrícula, tes que enviar antes do 15 de abril o seguinte impreso de renuncia cuberto e asinado a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal

             Impreso en PDF | Impreso en formato editable

A renuncia á matrícula non implica a devolución de taxas. Unha vez presentada a renuncia, xa non existe o dereito a asistir a clase. Podes renunciar cantas veces como queiras e, se o fas, ese curso non se che computa a efectos de permanencia no nivel. 

O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, en cursos posteriores, continuar cos seus estudos nas EOI, deberá someterse de novo ao proceso de admisión, solicitando a preinscrición no prazo establecido.


DÍAS NON LECTIVOS NA SEMANA SANTA

De acordo co calendario escolar oficial, non haberá clase do 30 de marzo ao 6 de abril. As clases comezan a partir do martes día 7 de abril.

DÍAS NON LECTIVOS NO ENTROIDO

De acordo co  calendario escolar oficial, os días 16, 17 e 18 de febreiro non haberá clase.


Publicouse a Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26, na que se establecen as datas das probas de certificación dos niveis B2, C1 e C2, así como as datas e procedemento para a matrícula libre: do 23 de febreiro ao 6 de marzo.

As datas das partes orais das probas, así como as dos demais niveis, serán publicadas máis adiante. 


  • Titoriais para acceder a centros.net e aula virtual 

  • Información académica de interese. 


  • Prema no ficheiro PDF para acceder á bibliografía do Departamento de Inglés para o curso académico 2025-2026. 

É importante ter en conta a seguinte información dependendo da modalidade de estudo:

1. Cursos presenciais: antes de mercar o libro de texto o alumnado deberá consultar ao profesorado do seu grupo.

2. Cursos semipresenciais (SEMI): o profesorado empregará fundamentalmente os materiais do curso deseñado en Moodle para as EEOOII de Galicia.

Document
LIBROS INGLÉS 2025-2026.pdf (91.41 KB)
Aula Virtual - Moodle

 

CentrosNet

 

Instagram

 

User account menu

  • Iniciar sesión