Actualmente na EOI da Coruña só hai cursos cuadrimestrais intensivos de Español como Lingua Estranxeira.
A nivel de matrícula, estes cursos funcionan como os cursos oficiais, coa particularidade de que hai un período de matrícula no mes de xaneiro para os cursos que comezan no segundo cuadrimestre.
As persoas que se matriculan no segundo cuadrimestre despois de estar matriculadas no primeiro cuadrimestre nese mesmo curso escolar pagarán no segundo cuadrimestre a taxa equivalente a un segundo idioma.