- Diploma de A2 ou B1: para obter os diplomas destes niveis non hai que pagar taxas, só tes que enviar un correo a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal indicando o idioma e o curso do diploma, enviando tamén copia do DNI polas dúas caras.
No caso de alumnado de That's English, o correo coa mesma información debe enviarse a eoi.acoruna@thatsenglish.com, e tramitarase de setembro a xullo.
- Para solicitar o título de C1 aprobado en cursos anteriores ao 2018/19, non é necesario pagar taxas. Solicítase por correo electrónico, enviando tamén copia do DNI polas dúas caras a: eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal
- Para solicitar os títulos de B2, C1 e C2 do plan LOMCE/LOMLOE (curso 2018/19 e seguintes), e para o título B2 dos plans anteriores (cursos anteriores a 2018/19), hai que enviar a seguinte documentación por correo electrónico a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal:
- Formulario: Impreso en PDF | Impreso en PDF editable
- Xustificante de pago de taxas (modelo 730) (instrucións de pago de taxas)
- Copia do DNI da persoa interesada, polas dúas caras
Recibirás o xustificante do depósito do título e un certificado. Os títulos tardan entre dous ou tres anos en chegar.