Para renunciar á matrícula, tes que enviar antes do 15 de abril o seguinte impreso de renuncia cuberto e asinado a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal
Impreso en PDF | Impreso en formato editable
A renuncia á matrícula non implica a devolución de taxas.
Unha vez presentada a renuncia, xa non existe o dereito a asistir a clase.
Podes renunciar cantas veces como queiras e, se o fas, ese curso non se che computa a efectos de permanencia no nivel.
O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, en cursos posteriores, continuar cos seus estudos nas EOI, deberá someterse de novo ao proceso de admisión, solicitando a preinscrición no prazo establecido.