Ir o contido principal
Inicio

Navegación principal

  • Inicio
  • A EOI
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Horarios
    • Calendario escolar
    • Exames
    • Documentos do centro
    • Proxectos de innovación
    • Biblioteca
    • EDLG
    • Asociación Mar de Lenguas
  • Idiomas
    • Alemán
    • Árabe
    • Chinés
    • Español como lingua estranxeira
    • Francés
    • Galego
    • Inglés
    • Italiano
    • Portugués
    • Ruso
    • Xaponés
  • Seccións
    • Arteixo
    • Carballo
    • Cee
    • Culleredo
  • Secretaría
    • Contacto
    • Horario
    • Acceso a CentrosNet
    • That's English!
    • Trámites administrativos
      • Solicitude de títulos
      • Solicitude de certificados académicos
      • Cambios de horario
      • Solicitude de adaptación
      • Renuncia á matrícula
      • Traslados
      • Devolución de taxas
      • Reclamación de cualificacións
    • Matrícula
      • Oficial
      • Cursos de destrezas sen exame
      • Cuadrimestral
      • Libre
      • CELGA e LAG
  • Ausencias

Traslados

Traslado de expediente

Se cursaches estudos con anterioridade noutra EOI e queres continuar na EOI da Coruña, debes seguir o procedemento habitual de preinscrición e matrícula oficial dentro do prazo establecido. Á hora de formalizala, achegarás unha certificación académica actualizada da EOI anterior, xunto co resto da documentación.

Debe terse en conta tamén que outras comunidades autónomas poden ter requisitos administrativos diferentes para esta xestión, polo que é necesario consultar coa EOI de orixe. 

Traslado de matrícula viva

Se tes activa unha matrícula no curso actual noutra EOI e queres continuar o curso na EOI da Coruña, tes que solicitar un traslado de matrícula viva, que estará condicionado á dispoñibilidade de prazas.

Deberás preguntar na Secretaría deste centro se hai prazas no nivel no que solicitas o traslado de matrícula viva e, unha vez confirmada a dispoñibilidade, terás que enviar unha certificación académica da túa EOI de procedencia a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal.

Non se admiten solicitudes de traslado de matrícula viva dentro do período de matrícula do mesmo curso.

Importante: o traslado de matrícula viva entre as EOI de Galicia non supón custo adicional algún; porén, para os traslados entre centros de diferentes comunidades aplicarase a normativa vixente, que no caso de Galicia esixe que os expedientes procedentes doutras comunidades autónomas aboen as taxas para as EOI galegas. Debe terse en conta tamén que outras comunidades autónomas poden ter requisitos administrativos diferentes para esta xestión.

Aula Virtual - Moodle

 

CentrosNet

 

Instagram

 

User account menu

  • Iniciar sesión