Podes solicitar un certificado de estudos en persoa na Secretaría do centro ou por correo electrónico a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal, achegando copia do teu DNI/NIE polas dúas caras. Non se pagan taxas.
Recibirase o certificado por correo electrónico, uns días despois de solicitalo.
Os certificados de That's English hai que pedilos na administración de That's English ou en eoi.acoruna@thatsenglish.com, de setembro a xullo.