Na EOI da Coruña pódense estudar once linguas: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. A oferta de niveis e horarios para o curso actual pode consultarse aquí.
De acordo coa LOE, as ensinanzas das escolas oficiais de idiomas organízanse nos niveis básico, intermedio e avanzado, que se corresponden, respectivamente, cos niveis A, B e C do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, que se subdividen nos niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2.
Modalidades
Na EOI da Coruña ofértanse as seguintes modalidades de estudo:
- Ensino oficial presencial: nesta modalidade, o alumnado pode asistir a clase durante todo o curso académico (de setembro a xuño), cunha duración de 120 horas, dous días á semana. Este alumnado ten dereito á realización das probas de final de curso, tanto de promoción como as de certificación ao final de cada nivel. Dentro desta modalidade, existen tamén os seguintes cursos:
- Cursos integrados: o alumnado fai dous cursos nun curso escolar, asistindo a clase dous días á semana.
- Cursos intensivos cuadrimestrais: nestes cursos, o alumnado ten clase catro días á semana. Nun só cuadrimestre faise un curso enteiro.
- Ensino oficial semipresencial: nesta modalidade, o alumnado asiste cada semana a unha sesión presencial na escola de dúas. A outra metade da carga lectiva desenvólvese nunha aula virtual, na que o alumnado traballa de xeito autónomo e en colaboración cos compañeiros e compañeiras, sempre co apoio e orientación do profesorado.
- Ensino oficial a distancia: só en inglés, seguindo o programa That's English!
- Libre: o alumnado libre matricúlase na EOI só para realizar as probas de certificación, sen asistir a clase.
Outros cursos
Cursos de destrezas: trátase de cursos nos que non hai un exame final nin unha certificación.
Cursos CELGA e de Linguaxe Administrativa Galega.
Cursos de formación para o profesorado e cursos CALC, dependentes do CFR pero impartidos na EOI.