De acordo co establecido na resolución de matrícula, o alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente pode solicitar adaptación das probas cubrindo esta solicitude e presentándoa na plataforma de matrícula xunto coa documentación acreditativa da discapacidade, e o resto da documentación de matrícula.
Trámites administrativos
Unha vez publicadas as cualificacións das probas de certificación e promoción, de acordo coa Orde do 8 de setembro de 2008, o profesorado facilitará ao seu alumnado a revisión das probas. Cada docente marcará un día e unha hora para tal obxecto.
- Diploma de A2 ou B1: para obter os diplomas destes niveis non hai que pagar taxas, só tes que enviar un correo a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal indicando o idioma e o curso do diploma, enviando tamén copia do DNI polas dúas caras.