ALUMNADO ANTIGO (quen xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia) | |||
| Tipo de alumnado | 1 idioma | 2 idiomas | 3 idiomas |
| Alumnado ordinario | 105 | 197 | 289 |
| Familia numerosa xeral | 52,50 | 98,50 | 144,50 |
| Familia numerosa especial | 0 | 0 | 0 |
| Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero | 0 | 0 | 0 |
| Bolseiros ou solicitantes de bolsa | 0 | 0 | 0 |
| Funcionarios docentes | 13 | 13 | 13 |
ALUMNADO NOVO (quen se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia) | |||
| Tipo de alumnado | 1 idioma | 2 idiomas | 3 idiomas |
| Alumnado ordinario | 127 | 219 | 311 |
| Familia numerosa xeral | 63,50 | 109,50 | 155,50 |
| Familia numerosa especial | 0 | 0 | 0 |
| Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero | 0 | 0 | 0 |
| Bolseiros ou solicitantes de bolsa | 0 | 0 | 0 |
| Funcionarios docentes | 35 | 35 | 35 |
Procedemento de pago:
Pódese facer de varios xeitos (en todos é imprescindible o envío do resgardo deste pago a través da plataforma de CentrosNet, xunto co resto da documentación requirida):
- Recollendo o impreso de taxas na conserxaría do centro ou descargándoo desde esta ligazón, cubríndoo e pagando no banco.
- Pagando telematicamente, seguindo os pasos deste titorial, nesta ligazón.
- Xerando o PDF do impreso de pago de taxas, imprimíndoo, cubríndoo e pagándoo no banco. Para facelo, hai que seguir os pasos do titorial ata o punto 5, e nesa pantalla clicar en "Descargar modelo" (abaixo de todo).
Todas as persoas que teñan dereito a descontos ou exencións deben achegar a documentación xustificativa por CentrosNet.
As taxas da EOI en Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17/06).
Os descontos para os funcionarios en activo dos corpos docentes están establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05). Este colectivo só está exento das taxas de matrícula nas materias de nova matriculación. O persoal docente deberá acreditar que está en servizo activo no momento de formalizar a matrícula presentando un certificado de servizos prestados (pódese obter en Datos Persoais).
Opción de pago aprazado:
Segundo o DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, artigo 4 (DOG 114 do 17 de xuño), o alumnado na modalidade oficial pode fraccionar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula, pagando o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 29 de xaneiro posterior (ver cantidades no cadro incluído máis abaixo). En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente que se opta por este tipo de pago.
No caso de optar polo pago fraccionado da matrícula oficial, débense seguir estes pasos e achegar a seguinte documentación:
- Na plataforma de matrícula: indicaranse na aplicación os 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pagamento fraccionado.
- Achegarase o certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade desta nunha das entidades colaboradoras.
- No caso de que a/o alumna/o non sexa titular da conta indicada, deberá achegar xunto coa documentación da titularidade unha autorización de domiciliación asinada pola persoa titular da conta.
Importante: a renuncia ao curso non exime do pago íntegro da matrícula.
A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos, cando se opte por fraccionalo, producirá automaticamente a anulación da matrícula en todas as disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ao primeiro prazo dos prezos públicos.
O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso anterior deberá aboar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula no presente curso.
TAXAS CON PAGO FRACCIONADO | 1º prazo | 2º prazo | TOTAL |
| Alumnado ordinario novo | 81 € | 46 € | 127 € |
| Alumnado ordinario antigo | 59 € | 46 € | 105 € |
| Alumnado ordinario que xa está matriculado noutro idioma no mesmo curso escolar | 46 € | 46 € | 92 € |
Esta é a distribución de conceptos das taxas da matrícula oficial:
- Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia).
- Servizos Xerais: 13€ (o alumnado que se matricula nun curso intensivo cuadrimestral no segundo cuadrimestre non ten que volver pagar este concepto se xa o pagou no primeiro cuadrimestre)
- Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92€.