Ir o contido principal
Inicio

Navegación principal

  • Inicio
  • A EOI
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Horarios
    • Calendario escolar
    • Exames
    • Documentos do centro
    • Proxectos de innovación
    • Biblioteca
    • EDLG
    • Asociación Mar de Lenguas
  • Idiomas
    • Alemán
    • Árabe
    • Chinés
    • Español como lingua estranxeira
    • Francés
    • Galego
    • Inglés
    • Italiano
    • Portugués
    • Ruso
    • Xaponés
  • Seccións
    • Arteixo
    • Carballo
    • Cee
    • Culleredo
  • Secretaría
    • Contacto
    • Horario
    • Acceso a CentrosNet
    • That's English!
    • Trámites administrativos
      • Solicitude de títulos
      • Solicitude de certificados académicos
      • Cambios de horario
      • Solicitude de adaptación
      • Renuncia á matrícula
      • Traslados
      • Devolución de taxas
      • Reclamación de cualificacións
    • Matrícula
      • Oficial
      • Cursos de destrezas sen exame
      • Cuadrimestral
      • Libre
      • CELGA e LAG
  • Ausencias

Modos de acceso

Se tes coñecementos previos do idioma que queres estudar, tes dúas maneiras de acceder a un curso superior ao primeiro (A1 ou A2, dependendo do idioma): acceso directo por titulación ou proba de clasificación.

Acceso directo por titulación

Se tes un título ou certificado emitido por outra institución, podes consultar nos seguintes documentos o curso ao que podes acceder.

  • Accesos directos para galego e español como lingua estranxeira.
  • Accesos directos para os demais idiomas: Orde do 21 de xuño de 2016
  • O alumnado con bacharelato aprobado pode acceder ao nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua estranxeira.

  • O alumnado coa ESO aprobada pode acceder ao nivel A2 da lingua cursada como primeira lingua estranxeira.

  • Se cursaches plans de estudos de EOI anteriores, consulta aquí as pasarelas. 

Para poder obter o acceso directo por titulación hai que presentar a copia do título ou certificado correspondente (no caso de acceso directo desde o Bacharelato ou a ESO, pode presentarse o libro de escolaridade ou un certificado do IES) no momento de formalizar a matrícula, xunto co resto da documentación, na propia plataforma de matrícula.

O acceso directo obtense para o nivel especificado nos documentos enlazados máis arriba, non para un curso inferior ou superior. Unha vez comezado o curso, se non se estivo matriculado no ano académico anterior na EOI no mesmo idioma, o titor/a poderá propoñer unha recolocación de nivel, de ser o caso.

Este tipo de acceso non outorga as certificacións de niveis anteriores da EOI.

 

Proba de clasificación

A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais das escolas oficiais de idiomas e xa ten coñecementos previos, pero non un certificado que o acredite. Consiste nunha proba que diagnostica o teu nivel do idioma e dá acceso a un curso determinado.

Hai que ter en conta que:

  • A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos de EOI na modalidade oficial.

  • A proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza.

  • Non se pode facer a proba en setembro se xa te matriculaches para o curso que comeza ese mesmo mes.

  • Poderán facer a proba de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial e semipresencial.

  • A proba dá acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere dicir que non poderás matricularte nun curso inferior ou superior ao que indique a proba.

  • A proba terá validez para matricularse na modalidade oficial no curso no que se realice e no seguinte.

  • Se a proba dá acceso a un nivel xa cursado ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto.

  • Para acceder a estudos das EOI, mesmo a través da proba de clasificación, deberás ter 16 anos antes de rematar o ano en curso, ou 14 se é para cursar un idioma distinto ao que estás a cursar na ESO como primeira lingua estranxeira.

  • Non poderá facer a proba o alumnado matriculado na modalidade oficial na EOI nos dous últimos cursos.

  • O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar.

 

Procedemento de inscrición nas probas de clasificación:

  • Cubrir o seguinte formulario: Formulario para español | Formulario para as outras linguas

  • Pagar as taxas: A taxa para poder presentarte á proba de clasificación é de 17 € (instrucións para o pago de taxas - os pasos son os mesmos, só cambia a contía)

Exencións e descontos (en todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións): 

Familias numerosas de categoría xeral: pagarán unha taxa de 8,5 € 

Familias numerosas de categoría especial, funcionarios en activo dos corpos docentes, persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, vítimas de actos terroristas (así como os seus cónxuxes e fillos), vítimas de violencia de xénero (así como os seus fillos): pagarán unha taxa de 0 € 

  • Enviar o formulario, o xustificante de pago de taxas e a copia do DNI/NIE/pasaporte a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal

Procedemento de matrícula Taxas
Aula Virtual - Moodle

 

CentrosNet

 

Instagram

 

User account menu

  • Iniciar sesión