Ir o contido principal
Inicio

Navegación principal

  • Inicio
  • A EOI
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Horarios
    • Calendario escolar
    • Exames
    • Documentos do centro
    • Proxectos de innovación
    • Biblioteca
    • EDLG
    • Asociación Mar de Lenguas
  • Idiomas
    • Alemán
    • Árabe
    • Chinés
    • Español como lingua estranxeira
    • Francés
    • Galego
    • Inglés
    • Italiano
    • Portugués
    • Ruso
    • Xaponés
  • Seccións
    • Arteixo
    • Carballo
    • Cee
    • Culleredo
  • Secretaría
    • Contacto
    • Horario
    • Acceso a CentrosNet
    • That's English!
    • Trámites administrativos
      • Solicitude de títulos
      • Solicitude de certificados académicos
      • Cambios de horario
      • Solicitude de adaptación
      • Renuncia á matrícula
      • Traslados
      • Devolución de taxas
      • Reclamación de cualificacións
    • Matrícula
      • Oficial
      • Cursos de destrezas sen exame
      • Cuadrimestral
      • Libre
      • CELGA e LAG
  • Ausencias

Procedemento de matrícula oficial

Que é a matrícula oficial? 
A matrícula oficial permite cursar estudos regulados nos niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2, segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Estes cursos teñen avaliación oficial e conducen á obtención dun certificado se se superan as probas finais de cada nivel.

Quen pode matricularse? 
•    Persoas de 16 anos ou máis (cumpridos no ano natural en que se inicien os estudos). 
•    Persoas de 14 anos ou máis, se o idioma elixido non é o cursado como primeira lingua estranxeira na ESO. 
•    É necesario ter DNI, NIE ou pasaporte (no caso do pasaporte, hai que facer os trámites presencialmente). 
•    Para acceder a un curso que non sexa o primeiro (A1 ou A2, dependendo do idioma), é necesario contar cun acceso directo por ter outra titulación, ou acceder por proba de clasificación.

Tipos de matrícula oficial 
1. Novo alumnado 
Se é a túa primeira vez nunha EOI ou non cursaches estudos no ano inmediatamente anterior: 
•    Debes facer unha preinscrición en liña no prazo correspondente en https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php  
•    Se hai máis solicitudes ca prazas, farase un sorteo público. 
•    As persoas admitidas deberán reservar praza, pagar as taxas e formalizar a matrícula no prazo establecido, seguindo as instrucións que se indican máis abaixo.

2. Alumnado que continúa estudos 
Se xa estás matriculado/a na EOI e queres continuar no seguinte curso: 
•    Terás preferencia para conservar a túa praza. 
•    Debes realizar a reserva de praza e matrícula a través da aplicación en liña. 
•    A matrícula só será válida unha vez pagadas as taxas e entregada a documentación. 
•    Haberá dous prazos de matrícula para o alumnado que continúa estudos: un para quen aprobou na convocatoria ordinaria, e outro para quen aprobou na convocatoria extraordinaria ou repite.

Como se fai a matrícula? 
A matrícula faise en liña, e cómpre pagar as taxas e presentar a documentación requirida (DNI, certificados, etc.). 
Hai que seguir os seguintes pasos:  
•    Entrar na plataforma de matrícula (CentrosNet) dentro do prazo correspondente e reservar praza. Se non se fai en prazo hai que esperar ata que saian as vacantes que quedaron sen cubrir durante os períodos de matrícula. 
•    Pagar as taxas, seguindo estas instrucións. 
•    Volver entrar en CentrosNet e subir o xustificante de pago. 
•    No caso de fraccionar o pago da matrícula: subir a CentrosNet o certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN e o titular da conta. No caso de que o alumno/a non sexa o titular da conta indicada, hai que achegar unha autorización de domiciliación asinada polo/a titular da conta.  
•    No caso de alumnado con diversidade funcional e que precise condicións especiais, deberase achegar a documentación acreditativa á plataforma CentrosNet. Hai que cubrir esta solicitude e achegala xunto cun xustificante médico que acredite a condición, e co resto da documentación de matrícula. Unha vez se presenta esta documentación un ano, non é necesario volver presentala nos cursos seguintes.
•    No caso de alumnado menor de idade, o seu pai/nai/titor legal debe cubrir este documento e subilo a CentrosNet. 
•    Marcar como lido o documento con información importante.

Cando se abran os prazos de matrícula, informarase nas novas desta web.

Taxas Modos de acceso 
Aula Virtual - Moodle

 

CentrosNet

 

Instagram

 

User account menu

  • Iniciar sesión