Unha guía para cREAgal
Se queres crear Recursos Educativos Abertos (REA) segundo o enfoque DUA seguindo as pautas técnicas do Proxecto cREAgal esta é a guía axeitada.

- Avanza polos apartados do menú para coñecer as pautas de estilo e técnicas que guíen o teu deseño.
- Todas as ligazóns ábrense nunha nova xanela para que non te vaias de aquí.
- Axúdanos a mellorala achegando as túas suxestións.
Se atopas algún erro ou queres axudarnos a mellorar esta guía achegando as túas suxestións, podes escribirnos ao enderezo de correo electrónico creagal@edu.xunta.gal
Obxectivo
A presente guía pretende ofrecer pautas de estilo, accesibilidade e técnicas para a elaboración de Recursos Educativos Abertos (REA) dentro do Proxecto cREAgal, coa finalidade de crear recursos cun estilo común e que promovan o acceso e participación de todas as persoas, baixo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe.