
O REA adáptase aos coñecementos previos das persoas usuarias.
Preciso dun exemplo
- Deseña recursos no teu REA para coñecer e adaptarse aos coñecementos previos das persoas que o van a usar e utiliza os resultados obtidos para que poidan elixir o itinerario a seguir.
O REA adáptase ao perfil das persoas usuarias.
Preciso dun exemplo
- Adapta o formato usando o estilo cREAgal con fases para os REA do alumnado (situación de aprendizaxe con reto) e cREAgal (sen fases) para REA como a guía docente.
- Deséñao para que poida ser usado de maneira analóxica (desenchufada) e dixital (a través de medios electrónicos), por exemplo deseñando actividades interactivas de eXeLearning, outras con GeoGebra e outras descargables e imprimibles.
O contido do REA preséntase secuenciado en diferentes niveis de complexidade.
Preciso dun exemplo
- Isto permite ás persoas usuarias avanzar progresivamente en función das súas necesidades e crear itinerarios.
O REA debe poder usarse con diferentes métodos de ensino e inclúe diversos formatos de exercicios/actividades/tarefas.
Preciso dun exemplo
- Deseña elementos e recursos e incorpora exercicios/actividades/tarefas que che permitan usalo con diferentes métodos: instrución directa, ABP, simulacións...