Obxectivo
Esta guía serve para coñecer como elaborar recursos educativos abertos para o Proxecto cREAgal seguindo pautas de calidade.
Esta guía é un material para facilitar a aplicación da Norma UNE 71362:2020.
A súa elaboración apóiase en principios baseados na evidencia científica sobre como aprendemos a partir da obra ¿Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza (2020) por Héctor Ruiz Martín.
Podes usar esta guía...
1. Como axuda para a creación dun novo REA.
2. Como ferramenta para a autoavaliación dun REA xa elaborado.
3. Como soporte para a selección dun REA.
Aquí atopas
Pautas para verificar a calidade do deseño didáctico
- Tomaches decisións sobre que ensinar?
- É útil para o alumnado?
- Presenta unha secuencia coherente?
- Está deseñado para que o teu alumnado aprenda?
- Contén o necesario para ensinar/aprender?
- Serve para atender á diversidade de perfís?
Pautas para verificar a calidade do deseño técnico
- O seu deseño facilita a comprensión?
- Pódese usar múltiples veces?
- Pódese usar en diferentes contornas?
- Non ten fallos técnicos?
- O escenario de aprendizaxe ten unha estrutura?
- Pódese navegar por el de forma clara?
- Pódese manexar con diferentes dispositivos?
- O contido textual e audiovisual é accesible?
Unha lista de verificación para que autoavalíes a calidade do teu REA
- Lista de verificación para comprobar a calidade do deseño didáctico.
- Lista de verificación para comprobar a calidade do deseño técnico.
- Lista de verificación de calidade completa en formato PDF.