
Todos os elementos do teu REA deben ser manexables con teclado e rato.
Preciso dun exemplo
- Débese poder distinguir visualmente onde está o foco do teclado ou do dispositivo alternativo que se utilice.
- Ademais podes engadir na guía de uso os atallos de teclado que se poden usar.
Inclúe avisos para predicir o comportamento dos elementos interactivos.
Preciso dun exemplo
Podes incluír avisos para informar de que premendo sobre unha imaxe podes ampliala ou que pulsando sobre un texto se abre unha ligazón nunha nova xanela.
Estes avisos deben aparecer, por exemplo, ao pasar o rato por encima ou nun texto explicativo do propio recurso.