O REA, os seus apartados e elementos están ben organizados, de maneira que a información se atopa facilmente.
Preciso dun exemplo
- Segue unha orde na presentación de cada apartado do menú e os elementos que o compoñen.
- Esta pauta é importante non só para que a aparencia sexa atraente, senón porque cando a presentación é clara facilita a comprensión dos contidos.
- Axúdate da guía de estilo se deseñas dentro dun proxecto de elaboración de recursos como cREAgal.
Ofrece instrucións claras á persoa usuaria sobre como atopar a información.
Preciso dun exemplo
- Podes dar información explícita para dirixir cara a un lugar concreto do teu REA.
- Tamén podes dar información para situar á persoa ante o escenario de aprendizaxe e explicar que información atopa nel.
- Lembra que se usas os iDevices do estilo cREAgal, estes funcionarán como organizadores complementarios da información porque ofrecen títulos e iconas cun formato inspirado no Deseño Universal para a Aprendizaxe, asociando cores e formas a diferentes principios (motivación, representación e acción e expresión).
Usa o estilo de eXeLearning que che permita adaptarte ao teu obxectivo e ao perfil do alumnado ao que te dirixas.
Preciso dun exemplo
- Isto permitirache achegar estrutura a información.
- Tamén achega unha contorna gráfica uniforme.
- Se o teu REA forma parte dun proxecto, usar o estilo corporativo axudarache a que poida identificarse como parte daquel.
Emprega recursos de calidade en diferentes formatos para reforzar a aprendizaxe, ilustrar o contido e para que a información poida ser percibida por diversas canles.
Preciso dun exemplo
- Lembra usar diferentes formatos (texto, audio, vídeo, imaxes, animacións...) para facilitar a aprendizaxe e para ofrecer alternativas ao texto escrito.
- Evita sobrecargar o teu REA con elementos innecesarios e asegúrate de que cada elemento cumpre unha función.
- Asegúrate de que teñen unha calidade óptima: as imaxes non están pixeladas, os audios percíbense correctamente, os contidos dos vídeos visualízanse...
Mantén sempre a mesma aparencia para botóns, ligazóns e iconas, así como a mesma posición.
Preciso dun exemplo
- No estilo de cREAgal, botóns, iconas e ligazóns teñen un formato predefinido.
- Observa este exemplo para ver a aparencia destes elementos:
