eXeLearning ofrece unha ampla variedade de iDevices para a creación de recursos diversos, interactivos e adaptados aos obxectivos didácticos.
iDevices dispoñibles en eXeLearning 4.0.4, organizados segundo a categoría á que pertencen.
Información e presentación
Orientados a mostrar, estruturar e enriquecer contidos mediante textos, imaxes, galerías, mapas, contidos DUA ou sitios web externos.
| iDevice | Para que serve? |
|---|---|
| Caso práctico | Permite expor unha historia ou narrativa de traballo e asociarlle unha ou varias actividades con retroalimentación. |
| Contido DUA | Permite introducir contido seguindo os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe, especialmente no estilo DUA. |
| Descargar o arquivo fonte | Permite ofrecer o código fonte do recurso mediante un botón de descarga. |
| Diapositiva | Permite agregar de maneira libre imaxes, caixas de texto e figuras xeométricas coma se fose o deseño dunha diapositiva. |
| DigCompEdu | Permite indicar, en recursos de formación docente, as áreas e competencias do MRCDD que se pretende traballar. |
| Galería de imaxes | Permite mostrar un álbum de imaxes en miniatura e abrilas ampliadas, con navegación entre elas. |
| LOMLOE: Fundamentos Curriculares | Permite consultar e organizar o currículo educativo segundo a lei LOMLOE en España ou a súa concreción autonómica. |
| Lupa | Permite ampliar partes dunha imaxe ao pasar o rato sobre ela, configurando o nivel de aumento e o tamaño da lupa. |
| Mapa | Permite xerar mapas de imaxes con zonas activas que poden mostrar imaxes, vídeos, sons, textos enriquecidos ou presentacións. |
| Sitio web externo | Permite mostrar dentro do recurso un sitio web externo, elixindo a altura do marco no que se visualizará. |
| Texto | Permite engadir contidos mediante o editor de textos. Úsase sobre todo para expor un tema e presentar contidos. |
| Texto Markdown | É un editor no que se pode escribir contido usando a linguaxe Markdown, que permite dar formato ao texto de forma sinxela. |
| Visor 3D | Permite inserir e visualizar modelos tridimensionais en formatos GLB, GLTF ou STL de forma interactiva. |
| Visor de panorama 360° | Permite mostrar imaxes panorámicas inmersivas en 360° ou fotografías normais dentro dun visor interactivo. |
| Ficheiros anexos | Permite engadir ficheiros para a descarga. |
Avaliación e seguimento
Pensados para comprobar aprendizaxes, recoller respostas, ofrecer retroalimentación e acompañar o progreso do alumno mediante ferramentas como test, rúbricas, formularios, listas de cotejo ou vídeos interactivos.
| iDevice | Para que serve? |
|---|---|
| Adiviña | Permite crear unha actividade ou xogo na que o alumno debe completar as letras que faltan para adiviñar unha palabra a partir da súa definición. |
| Cuestionario adaptativo | Permite crear probas de opción múltiple cuxa dificultade se axusta automaticamente ao rendemento do alumno. |
| Formulario | Permite facer preguntas de varios tipos dentro dun mesmo formulario, como verdadeiro/falso, encher ocos ou desplegables. |
| Informe de progreso | Permite mostrar os resultados obtidos polo alumno nas actividades asociadas e a súa nota media. |
| Lista de cotexo | Permite introducir unha lista estruturada de actividades para facilitar a autorregulación e o seguimento do traballo completado. |
| Rúbrica | Permite incorporar rúbricas de avaliación ao recurso. |
| Seleccionar | Permite crear xogos con preguntas tipo test de resposta múltiple e preguntas de orde de opcións. |
| Seleccionar multimedia | Permite crear actividades interactivas nas que os xogadores seleccionan os cartóns multimedia correctas. |
| Test | Permite crear actividades ou xogos nos que, a partir dun vídeo, unha imaxe ou un texto, o alumno selecciona a resposta correcta entre varias opcións. |
| Verdadeiro ou falso | Permite crear cuestionarios de verdadeiro ou falso, con opción de mostrar suxestións. |
| Videotest | Permite crear unha actividade ou xogo con preguntas intercaladas ao longo dun vídeo de YouTube. |
| Vídeo interactivo | Permite incorporar un vídeo e introducir preguntas ao longo da reprodución, pausándola ata que o usuario responda ou continúe. |
Xogos
Incorporan dinámicas lúdicas para motivar ao alumnado e reforzar contidos dunha forma máis atractiva, a través de propostas como crucigramas, crebacabezas, roscos ou desafíos.
| iDevice | Para que serve? |
|---|---|
| Buscapalabras | Permite crear actividades tipo sopa de letras usando texto, imaxes e sons. |
| Cadeado | Permite crear actividades nas que a retroalimentación está protexida por contrasinal. |
| Encrucillado | Permite crear encrucillados cuxas definicións poden incluír texto, imaxe ou audio. |
| Desafío | Permite crear xogos tipo escape room nos que hai que resolver retos antes de superar o desafío final. |
| Descobre | Permite crear xogos nos que se descobren parellas, tríos ou cuartetos de cartóns con imaxes, textos ou sons. |
| Imaxe oculta | Permite crear desafíos interactivos nos que o alumno revela progresivamente seccións dunha imaxe e elixe unha resposta a partir das pistas visuais. |
| Crebacabezas | Permite crear actividades interactivas nas que os xogadores resolven crebacabezas e responden a unha pregunta. |
| Rosca de palabras | Permite crear un xogo no que, a partir dunha definición, o alumno debe escribir unha palabra que empeza ou contén a letra sinalada. |
| TriviExt | Permite crear un Trivial educativo con preguntas organizadas por temas e participación dun a catro xogadores ou equipos. |
Actividades interactivas
Deseñadas para favorecer a participación activa do alumno mediante exercicios de arrastrar, clasificar, completar, ordenar, relacionar ou traballar con cartóns de memoria.
| iDevice | Para que serve? |
|---|---|
| Antes/despois | Permite crear comparacións de “antes e despois” con imaxes de tamaño similar ou proporcional. |
| Arrastrar e soltar | Permite crear actividades de arrastrar e soltar combinando textos, imaxes e audios. |
| Clasifica | Permite crear xogos nos que os xogadores clasifican cartóns con imaxes, textos ou sons en categorías. |
| Completar | Permite crear actividades nas que o alumno completa ocos dun texto escribindo, seleccionando ou arrastrando respostas. |
| Lista desordenada | Permite propor varios elementos para que o alumnado os ordene usando as frechas dispoñibles. |
| Identificar | Permite crear actividades nas que o xogador debe descubrir un personaxe, obxecto ou solución con axuda de pistas. |
| Ordena | Permite crear xogos nos que os xogadores ordenan frases ou cartóns con imaxes, textos ou sons. |
| Relaciona | Permite crear xogos para relacionar conceptos uníndoos con frechas, usando imaxes, sons e textos enriquecidos. |
| Tarxetas de memoria | Permite crear actividades con cartóns de memoria que poden incluír imaxes, sons ou texto enriquecido. |
Ciencias
Categoría específica para contidos de carácter científico ou matemático, con ferramentas como GeoGebra, operacións matemáticas, problemas matemáticos ou táboa periódica.
| iDevice | Para que serve? |
|---|---|
| 3Dmol | Permite crear cuestionarios interactivos baseados en modelos moleculares 3D visualizables directamente no contido. |
| Circuítos eléctricos | Permite crear actividades interactivas de circuítos eléctricos e electrónicos, impulsadas por TikZJax. |
| Actividade GeoGebra | Permite incluír unha tarefa desenvolvida con GeoGebra, aloxada nos seus servidores e visible con conexión a Internet. |
| Operacións matemáticas | Permite crear actividades con operacións matemáticas básicas aleatorias nas que o alumno debe pescudar o resultado, o operador ou un operando. |
| Problemas matemáticos | Permite crear problemas matemáticos básicos aleatorios. |
| Táboa periódica | Permite crear actividades interactivas usando a táboa periódica dos elementos químicos. |
É posible que no momento de ler esta guía xa estén incorporados ao editor de eXeLearning novos iDevices que non están recollidos aquí.