
Comproba que o teu REA funciona correctamente en diferentes dispositivos.
Preciso dun exemplo
- Fai comprobacións para asegurarte de que o teu REA non se bloquea e carga rápido, mesmo cando existen erros por parte das persoas usuarias.
- Fai as probas con diferentes dispositivos (móbil, tableta, PC...), con diferentes sistemas operativos e en diferentes navegadores.
Asegúrate de que o teu REA responde rapidamente ás interaccións da persoa usuaria.
Preciso dun exemplo
- É moi importante que todo poida verse e escoitarse.
- Podes incluír un apartado de "Axuda" no teu REA para que as persoas usuarias poidan acceder a posibles solucións ante problemas técnicos frecuentes ou poñerse en contacto coa túa organización para reportar os erros.