
A presentación do contido e a linguaxe son claros, correctos e atractivos.
Preciso dun exemplo
- Distribúe o contido e as ideas de maneira equilibrada e ordenada polo REA e os seus apartados. Procura non sobrecargar algunhas partes. Mellor dividir e secuenciar.
- Fai que os apartados sexan distinguibles utilizando índices e menús.
- Utiliza unha linguaxe correcta e adaptada ás persoas usuarias.
Facilita o procesamento da información e a comprensión do contido utilizando facilitadores e elementos de apoio.
Preciso dun exemplo
- Formatos:
- Lembra que debes ofrecer apoios para descodificar os textos (por exemplo ofrecendo alternativas con gravacións, audios...).
- Axuda:
- Inclúe recursos de axuda e retíraos gradualmente.
- Engade exemplos variados sobre cada concepto/habilidade.
- Ofrece resumos con ideas clave.
- Insire un glosario de termos e aclara os conceptos antes de comezar.
- Inclúe recursos en Lectura Facilitada.
- Transferencia:
- Deseña actividades para traballar expresamente a xeneralización dos conceptos e transferencia a outros contextos.
Ofrece no teu REA información actualizada e veraz e respectuosa cos dereitos de autoría.
Preciso dun exemplo
- Podes incluír un apartado na guía docente asociado ao teu REA con enlaces para a consulta e unha bibliografía. Cita correctamente segundo normas APA.
- Se utilizas material de terceiros respecta os dereitos de propiedade intelectual:
- indicando a autoría,
- referenciando a fonte
- e indicando o tipo de licenza orixinal.
- Respecta tamén as condicións de uso:
- Podes usar unha obra xa divulgada con Copyright se é para citala, analizala, comentala ou criticala.
- Se posúe Licenza Creative Commons, podes usala respectando as condicións do tipo de licenza.
- En eXeLearning podes configurar o tipo de Licenza na lapela "Propiedades". Unha vez configurada aparecerá ao pé de páxina en todos os apartados do teu REA.