Por que é importante?

Usar un estilo común permítenos...
1. Homoxeneizar o aspecto visual e o estilo lingüístico.
2. Ofrecer identidade a todos os materiais.
3. Ofrecer un deseño acorde aos principios pedagóxicos e obxectivos do proxecto.
Isto repercute no produto final que se ofrece ao alumnado, xa que facilita a comprensión da información, o seu uso e navegabilidade.
O estilo cREAgal para eXeLearning
O estilo cREAgal
Aspecto visual do estilo cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP
- O estilo cREAgal foi deseñado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa.
- Nace co propósito de apoiar ao profesorado de Galicia na creación de REA.
- Permite:
- Homoxeneizar os recursos creados con eXeLearning.
- Facilitar que o alumnado progrese na súa aprendizaxe mantendo un deseño atractivo, accesible e común.
- Achegar recursos ao repositorio de contidos educativos.
Características principais do estilo
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
- Nace coa vocación e o propósito de ser accesible e universal, inspirado no Deseño Universal para a Aprendizaxe e a Lectura Fácil.
- Emprego dunha base pictográfica común.
- Estilo moderno: os bordos dos flag icon enmarcados por unha forma xeométrica son redondeados.
- Alto contraste: fondo de cor con liñas de pictograma en azul escuro.
- Versión específica para os REA do proxecto cREAgal que desenvolven situacións de aprendizaxe, estruturadas en fases.
- Preme para descargar o estilo cREAgal e o estilo cREAgal con fases.
Iconografía das fases
Os REA do proxecto cREAgal parten das programacións modelo contidas en PROENS e desenvolven situacións de aprendizaxe estruturadas en fases, as cales son identificadas coa iconografía propia do estilo cREAgal. De modo predefinido no estilo, asígnase unha icona que identifica numericamente a fase a que corresponde cada páxina do REA.
| Descrición | Exploración | Conexións | Reto final | Conclusión |
Tamén se distribúe o estilo cREAgal sen fases para aqueles REA que non seguen esta estrutura.
Fontes
- Tamaño da fonte 1.1 em.
- Fonte elexida é Atkinson Hyperlegible Next, creada polo Instituto Braille que posúe unha maior lexibilidade para lectores de baixa visión.
- O espazo entre liñas é 1.6 em.
- O contraste fondo-fonte validou ou nivel AA dá WCAG.
- A aliñación por defecto é a esquerda.
- Caracteres de idiomas como grego, árabe, chinés e ruso visualízanse correctamente.
Cores do texto
- Branco: #ffffff RGB: 255/255/255
- Azul: #002b4a RGB: 0/43/74
- Azul Institucional: #007bc4 RGB 0/123/196
Modelos de documentación
No curso Repositorio de documentación cREAgal podes atopar os modelos oficiais de documentos ODT e ODP con estilo cREAgal.
Que é eXeLearning? Primeiros pasos

ExeLearning é unha ferramenta de código aberto que permite crear REA. É libre e aberto e con el podes crear contidos educativos dunha maneira sinxela.
Sitio web oficial: https://exelearning.net/
Visita os apartado de axuda para un primeiro contacto con eXeLearning se non o coñeces.
Desde o sitio web tamén podes descargar e acceder ás diferentes versións do programa.