Section outline
-
Dende o equipo de infantil decidimos enviarvos algunhas actividades sinxelas e divertidas para facer
na casa con nen@s nestes días de cuarentena.Non dubidedes en poñervos en contacto coas profes ante calquera dúbida.
-
Pronto chegará a Pascua e aquí vos deixamos un xogo moi divertido, que sempre facemos o último día de clase con todos os rapaces/as de infantil. Este ano , o confinamento non nos deixa facelo no cole, pero se queredes, aquí tedes o xogo adaptado a vosa casa. Esperamos que disfrutedes moito!!!

-
Nestes días de confinamento é moi importante alimentarse ben e facer exercicio.

Nesta actividade, propoñemos unhas merendas saudables. Unhas divertidas receitas para que fagades en familia.
¡TODO VAI A SAIR BEN!
-
Hoxe 22 de Abril, celebramos o Día da Terra.

Debémonos concienciar tod@s da importancia que ten coidar o noso planeta.
Aquí tedes unha proposta para traballar cos nen@s o día de hoxe. Esperamos que vos guste.
-
Para estes días de choiva que se aproximan, propoñémosvos unha actividade de cine.

Quedaredes impresionados do montón de actividades que se poden realizar partindo do visionado dunha película.
Esta é unha boa oportunidade para facer un plan en familia.
Esperamos que o pasedes moi ben.
-
Este xogo de orixe Chino é moi beneficioso para o desarrollo de moitas capacidades: creatividade, atención, memoria, lóxica...
Aquí vos deixamos un resumo das súas características , formas de xogar así coma moitos modelos descargables para traballar na casa ( de
maneira libre ou modelos do libro de matemáticas que traballamos na clase).
-
Da metodoloxía Montessori podemos sacar estupendas actividades para os nenos e nenas da nosa etapa. Neste documento temos varios exemplos que podedes levar a cabo de maneira moi sinxela nas vosas casas.

-
Neste documento tedes todas as claves para sorprender nas vosas casas con trucos de maxia sinxelos que podedes compartir en familia. Mergullarvos no mundo da maxia e a gozar!

-
Xa se aproximan as vacacións e para esta última semana deixámosvos unhas actividades entretidas, nelas podedes atopar sopas de letras, crucigramas, diferenzas, palabras clave... e unha chea de cousas máis! Anímate e aprende de forma divertida.

-

Aquí imos ir subindo algún experimento para facer cos nenos na casa. Son sinxelos, divertidos e adaptados ás súas idades. Animádevos!
-

Neste apartado iremos poñendo algunhas recomendacións de contos para os vosos peques.
Tamén iremos enviando algúns contos contados polas profes de Infantil a través do programa " Class Dojo".
-
Este conto explica moi ben aos nenos o desconfinamento

-

A profe de Audición e Linguaxe preparounos un PDF con diferentes APPS EDUCATIVAS para traballar a expresión oral, o vocabulario, atención e memoria, lectoescritura, grafomotricidade...
Vai dirixido a todo o alumnado de INFANTIL, 1º E 2º de Primaria.
-
Hoxe vos propoñemos unha divertida actividade para toda a familia. Resulta moi divertida e con ela, traballas aspectos tan importantes como a expresión oral, a memoria, a creatividade etc...
¡A DIVERTIRSE!

-
Aquí tedes uns xogos moi entretidos para traballar vocabulario e lectoescritura a través de distintos dispositivos. Traballar así é moi divertido!
-

As profes de Música e Psicomotrididade darannos unhas propostas semanais para divertirnos na casa .
-
Con este vídeo traballarás o BAILE GALEGO e as súas características (pasos, ritmo, vestimenta, instrumentos...) a través da arte.
A canción que empregamos é "Parampampero" de Mamá Cabra.

-
Traballa diferentes aspectos e propiedades musicais con esta canción de María Fumaça.
PREME AQUÍ:
-
Deixa voar a túa imaxinación da man deste marabilloso conto!
Permitirá poñer en práctica diferentes habilidades motrices e propiedades musicais propias da etapa infantil.
Entra no PDF, consulta as INSTRUCCIÓNS e dalle a PLAY a túa aventura!!!!

-
Esta semana , a profe Mari proponnos uns divertidos xogos fara facer no exterior. Fixádevos moito xa que ven cun video explicativo incorporado.
-
É o momento de mover o esqueleto ao ritmo de diferentes estilos musicais!!!
Disfrutade en familia da pista de baile, xogade ás Estatuas Musicais e.... rematade relaxados como unha ra!

-
Recoñeces os sons relacionados có Mar???? Sabes facer ritmos cun vaso???

Abre este vídeo e pasa uns minutos divertidos!!!!!
-
-
Imos cantar e bailar nas profundidades do Mar!!! Si si,o que escoitas, e despois de tanto movemento toca un pouco de Arte Musical!
Ata aquí podo adiantar, mira o vídeo e xa mirarás como non te arrepentirás!!!!
Disfruta deste momento e pásao moi ben!!!!

-
Aquí vos deixo uns divertidos xogos para disfrutar con auga, toallas, globos...
Unha aperta moi forte!!
-
Aquí iremos poñendo as recomendacións para a área de lingua inglesa.

-
A editorial Santillana ,que é coa que estamos a traballar, pon a vosa disposición unha serie de materiais ( fichas imprimibles) para traballar aspectos relacionados coas matemáticas e a lectoescritura. .
Dende o equipo de infantil, queremos deixar claro que este tipo de materiais non é o noso favorito, é unha metodoloxía diferente que nos resulta pouco motivadora para traballar na clase pero que, entendemos que vos poida ser útil nun momento dado.
Tamén imos engadir aquí contos ou outros materiais que necesitedes para traballar cos libros de matemáticas ¡A CONTAR! para os nen@s de 5 anos.
-
NESTE APARTADO IREMOS POÑENDO ALGUNHAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES A PARTIR DE OBRAS DE ARTE.
-
Esta sección vai a estar adicada ó proxecto das emocións que están traballando os nen@s de 5 anos.


