Section outline
-
Dende o equipo de infantil decidimos enviarvos algunhas actividades sinxelas e divertidas para facer
na casa con nen@s nestes días de cuarentena.Non dubidedes en poñervos en contacto coas profes ante calquera dúbida.
-
Pronto chegará a Pascua e aquí vos deixamos un xogo moi divertido, que sempre facemos o último día de clase con todos os rapaces/as de infantil. Este ano , o confinamento non nos deixa facelo no cole, pero se queredes, aquí tedes o xogo adaptado a vosa casa. Esperamos que disfrutedes moito!!!

-
Nestes días de confinamento é moi importante alimentarse ben e facer exercicio.

Nesta actividade, propoñemos unhas merendas saudables. Unhas divertidas receitas para que fagades en familia.
¡TODO VAI A SAIR BEN!
-
Hoxe 22 de Abril, celebramos o Día da Terra.

Debémonos concienciar tod@s da importancia que ten coidar o noso planeta.
Aquí tedes unha proposta para traballar cos nen@s o día de hoxe. Esperamos que vos guste.
-
Para estes días de choiva que se aproximan, propoñémosvos unha actividade de cine.

Quedaredes impresionados do montón de actividades que se poden realizar partindo do visionado dunha película.
Esta é unha boa oportunidade para facer un plan en familia.
Esperamos que o pasedes moi ben.
-
Este xogo de orixe Chino é moi beneficioso para o desarrollo de moitas capacidades: creatividade, atención, memoria, lóxica...
Aquí vos deixamos un resumo das súas características , formas de xogar así coma moitos modelos descargables para traballar na casa ( de
maneira libre ou modelos do libro de matemáticas que traballamos na clase).
-
Da metodoloxía Montessori podemos sacar estupendas actividades para os nenos e nenas da nosa etapa. Neste documento temos varios exemplos que podedes levar a cabo de maneira moi sinxela nas vosas casas.

-
Neste documento tedes todas as claves para sorprender nas vosas casas con trucos de maxia sinxelos que podedes compartir en familia. Mergullarvos no mundo da maxia e a gozar!

-
Xa se aproximan as vacacións e para esta última semana deixámosvos unhas actividades entretidas, nelas podedes atopar sopas de letras, crucigramas, diferenzas, palabras clave... e unha chea de cousas máis! Anímate e aprende de forma divertida.
