Rexistro
Aínda que é probable que xa teñas unha conta en Google (gmail) imos ver rapidamente como rexistrarse para comezar a utilizar as aplicacións.
En Google, o xeito máis doado de facelo é o seguinte:
1º: Ir ao enderezo de Google: www.google.es
Preme sobre o botón Iniciar sesión.
2º: Agora escolle Crear cuenta.
3º: Cubre todos os datos que te solicitan no formulario que aparece.
Ten en conta que aínda que logo podes cambiar algún dato
o ideal é cubrilo con calma e decidindo ben os datos que introducimos.
As veces sucede que o nome de usuario que escollemos xa o ten rexistrado alguén con anterioridade, polo que teremos que escoller outro. Unha vez decidido e aceptado este dato non se pode cambiar.
Procura buscar un contrasinal que poidas lembrar con facilidade, pero que ao mesmo tempo sexa consistente (mínimo 8 carácteres e se leva números e letras mellor). O contrasinal podemos cambialo sempre que nos interese.
Non esquezas marcar o apartado de que aceptas as condicións do servizo.
Para rematar dálle a siguiente paso no que te ofrecerán a posibilidade de crear un perfil (engadir foto e outros detalles).
Finalmente aparecerá unha páxina de benvida.
Xa estamos rexistrados!
Para comprobar que efectivamente todo é correcto aparecerá o teu nome na esquina superior dereita.
Ademais todos os produtos aos que temos acceso aparecen tamén nunha barra negra na parte superior do navegador.
Se non é así, repite os pasos pois é probable que se producira algún erro no proceso.