Axenda

Ter unha axenda hoxe é case que imprescindible.

As plataformas de aplicacións en web ofrécennos unha proposta de unificación de axenda para todos os dispositivos que utilicemos, ordenador, teléfono móbil, pda... e ademais dende calquera lugar do mundo teríamos acceso a ela.

Deste xeito, se temos conexión a rede dende o noso móbil, tan só con facer unha anotación nunha data determinada cando abramos a axenda do noso ordenador teremos tamén esa anotación. E o mesmo con calquera outro dispositivo conectado á nube.

E a función máis interesante, se cadra, é a posibilidade de compartir axenda con outras persoas, como veredes en actividades de formación máis avanzadas, o que supón un avance importante nas tarefas de coordinación de proxectos e de grupos.

Empecemos a coñecer a nosa axenda:

 

Como con todas as aplicacións que levamos visto, o primeiro é abrir sesión e logo escoller na barra de aplicacións a correspondente. Neste caso denomínase Calendar.

A primeira vez que a utilizamos temos que configurar a nosa zona horaria. Como observamos na imaxe podemos cambiala cando sexa preciso, por exemplo se viaxamos con frecuencia ou pasamos un tempo no estranxeiro, nun país que teña horario diferente.

Resolto isto podemos empezar a xestionala.