Aspecto e vistas
O aspecto da axenda, a primeira vez que a utilizamos, é así:
A vista inicial é de semana, pero podemos cambiar, dependendo das nosas necesidades de organización e revisión de datos a:
Día-semana-mes-4 días-axenda (vista só de eventos).
Podemos volver en calquera momento á data de hoxe premendo no botón Hoy situado na parte superior dereita, ou tamén podemos navegar polo calendario utilizando as frechas de avance e retroceso situadas ao lado deste botón.