Crear eventos

Para crear unha cita rápida podemos estar en calquera modalidade de visión do calendario, aínda que o máis preciso é a de "Día", pois podemos aproximar mellor a hora da mesma.

Premendo co botón esquerdo sobre a fila dunha hora concreta aparece un cadro de diálogo como o seguinte:

Por defecto a cita ocupa unha hora.

No espazo de "Evento" escribiremos o texto que defina o mesmo.

Se non precisamos facer ningún cambio só teríamos que premer en Crear evento, quedando rexistrado como se observa na imaxe da dereita.

Así o veremos na modalidade de semana:

 

 

E así na visión mensual: