Introducción
Cada vez é máis frecuente atoparnos na rede con espazos que nos ofrecen de xeito global grupos de ferramentas útiles para o noso traballo. Atoparemos ofertas gratuítas e de pago, dependendo da marca que sosteña o produto.
Un claro exemplo e que todo o mundo coñece o temos en Google. Cun só rexistro podemos acceder a ferramentas ofimáticas, axenda, mapas, xestión de imaxes, blog e moito máis.
Se a iso lle sumamos a posibilidade de compartir con outros compañeiros e compañeiras o traballo, e ademais que ese traballo poida ser editado en colaboración desde distintos lugares e independentemente do momento, temos á nosa disposición unha potentísima ferramenta de traballo.
Non todas as ferramentas e utilidades que este tipo de produtos nos ofrecen son de aplicación no ensino, pero si unha gran parte.
Propoñemos algunhas para comezar:
- Correo electrónico.
- Procesador de texto.
- Axenda.