Entorno inicial

COMEZANDO

Para abrir a aplicación temos que estar identificados, coa sesión iniciada.

Na barra de aplicacións escolleremos Docs.

 

 

Actualmente esta ferramenta englóbase dentro de "Google Drive", que nos ofrece tamén almacenamento de arquivos na rede. Por iso a primeira vez que accedemos aparece unha páxina que promociona esta utilidade. Para avanzar premer sobre Empieza con 5 Gb gratis.

 

Feito isto entramos no noso espazo de traballo.

 

 

 

 

 

 

Nun principio o menú que nos ofrece é moi similar ao do correo electrónico. Pero evidentemente a utilidade é diferente (imaxe da esquerda).

Cando xa teñamos materiais elaborados podemos atopalos nas etiquetas que se nos ofertan no menú.

Para iniciar un documento novo temos dúas posibilidades, premer sobre o botón Crear ou subir un arquivo xa iniciado do noso equipo (botón á dereita de "Crear").

Como queira que o documento en principio o gardaremos no espazo de internet que nos ofrece Google Drive poderíamos crear primeiro unha carpeta, para organizar mellor os nosos traballos.

Para iniciar o documento de texto escollemos Documento.

Na imaxe da dereita vemos todos os elementos do menú "Crear".