Elementos de configuración
No botón da roda dentada, na botoeira superior dereita da axenda, temos a posibilidade de abrir a configuración da mesma. Imos ver algúns elementos interesantes a ter en conta:
Podemos variar o idioma, país, zona horaria (configurada en principio no primeiro acceso), formato de fecha, formato de hora, a duración predeterminada cando creamos un evento rápido, o día no que comeza a semana, se os eventos xa pasados se atenúan na visión da axenda, o mesmo cos futuros repetidos, se queremos que as fins de semana formen parte da axenda ou non, a vista predeterminada para cando abrimos a axenda, a vista personalizada, a nosa situación xeográfica (voluntario), se queremos información complementaria sobre a situación meteorolóxica (precisa establecer a situación xeográfica), se queremos amosar os eventos rexeitados doutros e se permitimos invitacións de usuarios/as (formación avanzada), calendarios alternativos que podemos engadir (por exemplo o de festas oficiais) e finalmente se queremos habilitar métodos abreviados de teclado (do mesmo xeito que no procesador de texto existen combinacións do teclado para actuar máis rapidamente sobre a axenda; podemos ver un cadro premendo no texto más información debaixo desta opción).
Cando rematemos os cambios que nos parezan oportunos debemos gardalos premendo no correspondente botón de Guardar.