Alternativas
Aínda que traballaremos cunha proposta gratuíta e moi coñecida convén saber que non é a única e que podemos escoller outras opcións.
A maioría dos espazos de aplicacións en web ofrecen o produto para unha empresa ou colectivo en distintas versións:
- De pago: segundo licencias solicitadas, número de usuarios do colectivo ou outras condicións.
- Estándar gratuíta: versión limitada en número de usuarios e prestacións. Útil para grupos pequenos.
- Versión educación: gratuíta e sen apenas limitacións. Hai que demostrar a pertenza a un centro ou grupo que reúna as condicións que establecen.
- Individual (gratuíto). Esta última é a opción que escolleremos para traballar nesta actividade, pero é bo coñecer tamén que temos a posibilidade de facer o rexistro como grupo-empresa.
Escollemos a opción de exemplificar en Google este proceso dado que teñen un paquete para o ensino que ofrecen aos centros e aos colectivos sen ánimo de lucro de xeito totalmente gratuíto, pero recollemos outras alternativas que poderían ser de interese:
- Skydrive: Versión de Microsoft. Integrado en Windows Live. Permite crear y compartir documentos. (Máis información)
- UNG docs: Proposta dende a comunidade libre. A día de hoxe só en inglés. (Máis información)
- Acrobat.com: Iniciativa de acrobat para ofrecer solucións interesantes de traballo en rede. (Máis información)
- Opendrive: O último en incorporarse á oferta na nube (actualmente en fase beta). Pódese compartir para editar sen que os demais teñan conta na plataforma. (Máis información)