Barra de ferramentas

Para axilizar os procesos de formato do  texto os procesadores nos ofrecen unha barra de botóns coas ferramentas máis usuais para non ter que recorrer a cada un dos menús comentados.

A barra, quen non se pode personalizar, contén os seguintes elementos:

 


 

De esquerda a dereita:

1 Imprimir; 2 desfacer a última acción; 3 refacer o último que desfixemos; 4 ir ao portapapeis; 5 copiar estilo do parágrafo seleccionado; 6 escoller estilo de parágrafo predefinido; 7 escoller o tipo de letra; 8 definir tamaño dos carácteres; 9 formatar o texto con negriña, cursiva, subliñado ou cores de texto e de fondo do texto; 10 inserir un enlace a calquera espazo web ou unha imaxe; 11 crear un listado ou formato de esquema, con dúas opcións predefinidas, números ou puntos, e botóns de sangría; 12 xustificación á esquerda, centrado, dereita e total; 13 formato de interliñado.