Funcións máis importantes

Destacamos catro partes para situarnos no entorno da caixa de correos:

1: Dende o menú despregable de "Gmail" podemos escoller entre ver a caixa de correos ou a axenda de enderezos (contactos).

2: Neste menú temos a opción de visualizar as carpetas (ou etiquetas) que veñen por defecto e as que creemos nós mesmos para clasificar as mensaxes que vaiamos arquivando (recibidos, enviados, borradores, papeleira, spam...). Debaixo do mesmo aparece o "Chat". Cando teñamos contactos engadidos a nosa axenda, e sempre que eles tamén estean conectados, aparecerán neste listado. Dende aquí podemos facer chamadas por chat, ou video-conferencia (se dispoñemos de webcam e micrófono), para falar directamente con eles.

Temos tamén nesta zona o botón "Redactar", destacado en cor vermella.

3: Zona de xestión das mensaxes. Cambia de aparencia se temos seleccionada algunha mensaxe.

Podemos, seguindo os botóns de esquerda a dereita:

- Volver á carpeta de "recibidos"

- Arquivar a mensaxe escollida (asígnalle a etiqueta "todos", de xeito que desaparece da entrada pero non se elimina)

- Marcala como spam

- Eliminala

- Mover a mensaxe a outro lugar (asignámoslle un destino en función das etiquetas (en forma de carpeta) que temos creadas.

- Etiquetar a mensaxe (crea unha nova etiqueta e deixa a mensaxe arquivada na mesma)

- Outras opcións (marcar como lido, como importante ou destacado, etc.)

4: Caixa de mensaxes. Aquí podemos ver as mensaxes da etiqueta (ou carpeta) seleccionada. Móstranse cos datos principais, remitente, asunto e tamaño. Premendo sobre calquera delas poderemos ler o seu contido.