A selección do fondo documental dunha biblioteca escolar é clave para a formación de lectores e lectoras competentes, xa que o acceso a textos de calidade, diversos e adecuados ao contexto educativo favorece experiencias lectoras significativas.
Esta selección debe responder a propósitos formativos e atender as necesidades curriculares e as características do alumnado.
A. Libros de non ficción
Obras de coñecemento e información.
- Tipoloxías (segundo Baró, 1996)
-Obras de referencia: acceso rápido, contidos organizados alfabeticamente ou por clasificación (dicionarios, enciclopedias, guías científicas).
-Obras de divulgación: lectura completa, contidos progresivos en capítulos e subcapítulos.
-Obras de consulta: capítulos breves e independentes, con sumarios e índices temáticos.
-Obras de experimentación: achegan o coñecemento mediante experiencia e habilidades; ademais, inclúen propostas con imaxes.
-Narracións de coñecementos: transmiten saberes a través de historias ficcionadas, con ilustracións...
- Calidade e relevancia do texto, xerarquización de contidos.
- Adecuación e complementariedade de imaxes (ilustración, fotografía, técnicas mixtas).
- Mecanismos de localización de información (sumarios, índices).
- Recursos para ampliar información.
- Título, cuberta, maquetación e distribución da información.
- Data de publicación e veracidade de contidos.
- Correspondencia entre o anunciado e o ofrecido.
- Consideracións temáticas:
- Non existen temas prohibidos nin limitacións por idade.
- Relación con contidos curriculares e con intereses das lectoras e dos lectores (alumnado, docentes, familias).
- Actualización segundo as inquedanzas sociais (por exemplo, medioambientais ou mulleres relevantes).
- Valor de libros ilustrados de non ficción e edicións mixtas (ficción + coñecemento).
B. Libros de ficción
Consellos prácticos:
- Coñecer as persoas lectoras para recomendar segundo capacidades e gustos.
- Evitar libros excesivamente pedagóxicos: a ficción réxese polo seu valor estético.
- Non basearse só no que cremos que lles gusta, para abrir novos camiños.
- Aplicar criterios de calidade, igual ca na literatura adulta.
- Ofrecer variedade de xéneros, temáticas, formatos, niveis e funcións (mirar, cantar, dramatizar, explicar, ler).
Elementos literarios:
- Diversidade de estruturas narrativas (secuencias, enumerativas, acumulativas, circulares, historias marco, catálogos, narracións completas).
- Distintos usos e funcións da voz narrativa.
Tipoloxías (segundo Colomer et al., 2018)
- Obras de diferentes códigos, soportes e formatos.
- Obras de ficción e mixtas (ficción + coñecemento).
- Obras do folclore e de autor.
- Narracións de tradición oral.
- Narracións de distintos xéneros.
Segundo a idade: etapas lectoras
Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.
- Cancioneiro popular, primeiras poesías.
- Libros de imaxes sinxelas, progresivos en cantidade e extensión.
- Libros-xogo, experimentais, contos marabillosos, primeiras narrativas cotiás, álbums ilustrados, banda deseñada infantil.
- Libros manipulativos, despregables, acuñados, narrativas breves repetitivas.
- Obras para mirar, xogar, experimentar, compartir, ler en voz alta, con humor ou tenrura.
2º e 3º ciclo de Educación Primaria:
- Narrativas axeitadas á idade: cómics, versións de relatos tradicionais, libros intertextuais.
- Narrativas literarias de calidade (realistas, fantásticas, misterio).
- Series de historias diferenciadas das comerciais.
Criterios de valoración
- Orixinalidade e novidade no tratamento do tema.
- Inicio atractivo para as persoas lectoras
- Construción sólida de personaxes.
- Verosimilitude de diálogos.
- Densidade de imaxes literarias.
- Adecuación a capacidades lectoras.
- Relación texto-imaxe coherente.
- Uso creativo e coidadoso da multimodalidade narrativa.