Listaxe libros de texto curso 26/27
Adxuntamos o listado de libros de texto para o vindeiro curso no IES de Vilalonga
Adxuntamos o listado de libros de texto para o vindeiro curso no IES de Vilalonga
Co fin de facilitar e axilizar a organización da entrega de solicitudes/matrículas, dende o centro distribúense, por niveis educativos, os días prioritarios de entrega presencial de documentación.
NIVEL |
O alumnado de 6° de primaria dos colexios da contorna (O Cruceiro, Nantes e Noalla-Telleiro) acudiron á xornada de portas abertas do IES de Vilalonga.
Ademais da visita ás instalacións, realizaron actividades nos departamentos de Bioloxía, Química e Tecnoloxía.
Esperámosvos o vindeiro curso!
Ó longo deste curso, o alumnado da ESO participou en diversas actividades de desenvolvemento do talento matemático e de preparación para concursos como o Canguro Matemático. Unha experiencia que amosou que aprender matemáticas tamén pode ser divertido, creativo e motivador.
O alumnado de Tecnoloxía de 2° de ESO asistiu a unha visita ós museos científicos da Coruña (Domus e Casa das ciencias), así como á exposición Mundo expandido, da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela
Dentro do programa de Radio na Biblio, o alumnado de 4° ESO da materia de Proxecto Competencial do IES trasladou o estudo de radio ao Centro de Día de Sanxenxo. Alí puideron preguntarlle a xente que ten moito que ensinarnos sobre as súas experiencias na posguerra, a emigración ou coas novas tecnoloxías, así como poñer a proba os seus coñecementos sobre a xerga xuvenil.
Una experiencia marabillosa para todos e todas as participantes, que o alumnado desfrutou e da que tamén aprendeu moito.
Unha sorte poder compartir mañás coma estas.
O alumnado de 1º da ESO participou na actividade de Xogos Tradicionais, xunto con outros centros do Salnés.
Como conmemoración polo día contra o acoso escolar (2 de maio) o alumnado da ESO e FPB disfrutou aprendendo grazas a un twister xigante.
Actividade organizada polo departamento de orientación. O material foi prestado pola Asociación Cultural Trebellos.
Esta semana, co gallo da celebración da Semana do Libro, a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, organizou un obradoiro de Lettering para o alumnado de 2º ESO. O alumnado puido entender a base desta arte e as técnicas máis comúns da man de Velaísca, quen impartiu o obradoiro.
Máis información no Blog da Biblioteca
Durante a xornada do 17 de abril, o alumnado do IES de Vilalonga mostrou diferentes experimentos científicos na feira Salnés Ciencia.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
