O proxecto KartLonga é unha iniciativa de innovación na Formación Profesional que promove a aprendizaxe práctica e o traballo colaborativo. A través deste proxecto, o alumnado participa na fabricación integral dun kart, abordando tanto a parte mecánica e de motor como o deseño e construción da carrocería. KartLonga permite aplicar coñecementos técnicos reais en contextos próximos ó ámbito profesional. Ademais do proceso de deseño e montaxe, o proxecto inclúe a participación en competicións con outros centros educativos, fomentando o espírito de superación, o traballo en equipo e a motivación do alumnado. Trátase dunha experiencia formativa que integra innovación, tecnoloxía e aprendizaxe baseada en proxectos. KartLonga achega a FP á realidade do sector industrial e ao talento do alumnado.
