• Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

Miga de pan

  • Inicio
  • Educación Secundaria Obrigatoria

Educación Secundaria Obrigatoria

No noso centro impartimos ensinanzas de 1º a 4º da ESO, ofrecendo unha formación integral adaptada ás diferentes etapas do alumnado. 

Prestamos especial atención á diversidade, aplicando as medidas de atención á diversidade necesarias para garantir unha educación inclusiva. 

Participamos en proxectos de carácter académico, orientados á mellora das competencias, así como en iniciativas de ámbito emocional, destinadas a favorecer o benestar e o desenvolvemento persoal.

O noso obxectivo é favorecer o desenvolvemento persoal, social e académico de todo o alumnado, acompañándoo no seu crecemento en todos os ámbitos.

Use the arrow keys to navigate between tabs

Os centros adscritos ó IES de Vilalonga son:

  • CEIP de Noalla-Telleiro
  • CEIP Plurilingüe Cruceiro
  • CEIP Plurilingüe Nantes

A alumnado destes centros terá preferencia de acceso.

As ensinanzas da ESO impártense en horario de:

  • 8:30 a 14:10 de luns a venres.
  • 16:15 a 17:57 os martes á tarde.

Entendemos a atención á diversidade como o conxunto de actuacións e programas que permiten dar unha resposta axustada ás necesidades educativas de cada estudante. Partimos dun enfoque inclusivo e equitativo, adaptando a organización da aula e do centro para favorecer a participación e a aprendizaxe compartida. 

Nas programacións didácticas deseñamos metodoloxías que promoven a inclusión, como o traballo cooperativo, a titoría entre iguais ou a aprendizaxe por proxectos. Ademais, implementamos reforzo educativo e plans de apoio cando o alumnado o precisa, así como a adaptación de tempos e instrumentos de avaliación para garantir unha avaliación xusta. 

En determinados casos, tamén se poden establecer agrupamentos flexibles en materias instrumentais ou apoios específicos. Todo isto desenvólvese en coordinación co profesorado titor e co Departamento de Orientación, buscando sempre o benestar e o progreso do alumnado.

Para aquel alumnado que prefire un ensino máis orientado ó mundo laboral, establécense, de forma paralela, as ensinanzas de Formación Profesional Básica, que permiten acadar o título da ESO, ademais do propio título de técnico básico en diferentes especialidades.

Os requisitos xerais de acceso poden consultarse na sección de cada unha das modalidades que se ofrecen no noso centro: 

  • FPB en Cociña e Restauración
  • FPB en Mantemento de Vehículos
  • FPB en Servizos Administrativos

Por outra banda, tamén existe a posibilidade da obtención do título da ESO a través da ensinanza para persoas adultas (ESPA), á que pode acceder alumnado maior de idade ou maior de 16 anos con contrato laboral ou outras casuísticas que poden consultarse na sección ESPA.

Unha vez obtido o título da ESO, o alumnado poderá:

  • Acceder ó bacharelato (perfil académico, orientado ó acceso á universidade ou ciclo superior)
  • Acceder á Formación Profesional de Grao Medio (perfil orientado ó mundo laboral)
  • Acceder ó mundo laboral
  • Presentarse a diferentes oposicións

ACTUALIDADE

  • visita_ceips

    Visita dos colexios

    O alumnado de 6° de primaria dos colexios da contorna (O Cruceiro, Nantes e Noalla-Telleiro) acudiron á xornada de portas abertas do IES de Vilalonga.

  • estalmat_4

    Estalmat no IES de Vilalonga

    Ó longo deste curso, o alumnado da ESO participou en diversas actividades de desenvolvemento do talento matemático e de preparación para concursos como o Canguro Matemático.

  • coruna_2

    Visita á Coruña

    O alumnado de Tecnoloxía de 2° de ESO asistiu a unha visita ós museos científicos da Coruña (Domus e Casa das ciencias), así como á exposición Mundo expandido, da Cidade da Cultura, en Santiago de

  • radio_1

    RadioLonga no Centro de Día

    Dentro do programa de Radio na Biblio, o alumnado de 4° ESO da materia de Proxecto Competencial do IES trasladou o estudo de radio ao Centro de Día de Sanxenxo.

  • xogos_t

    Xogos tradicionais

    O alumnado de 1º da ESO participou na actividade de Xogos Tradicionais, xunto con outros centros do Salnés.
     

  • twister

    Twister contra o acoso escolar

    Como conmemoración polo día contra o acoso escolar (2 de maio) o alumnado da ESO e FPB disfrutou aprendendo grazas a un twister xigante.

  • seman_libro

    Semana do libro

    Esta semana, co gallo da celebración da Semana do Libro, a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, organizou un obradoiro de Lettering para o alumnado de 2º ESO.

  • salnesciencia

    Vilalonga no Salnés Ciencia

    Durante a xornada do 17 de abril, o alumnado do IES de Vilalonga mostrou diferentes experimentos científicos na feira Salnés Ciencia.

  • teatro_vilagarcia

    Teatro en Vilagarcía

    O alumnado de 3º da ESO e 1º de bacharelato disfrutou da saída ó teatro en Vilagarcía, organizada polo departamento de Lingua Castelá.

  • foto_naturnova

    Naturnova

    O pasado 14 de xaneiro o alumnado de 1º da ESO asistiu a unha visita didáctica ó centro interactivo de educación medioambiental Naturnova, organizado polo departamento de Tecnoloxía. 

  • foto_tei

    Inicio programa TEI

    Outro ano máis pomos oen marcha un dos programas dos que nos sentimos máis orgullosos: o programa TEI (Titoría Entre Iguais) contra o acoso escolar.

<
>

AVISOS

  • Listaxe libros de texto curso 26/27

  • Solicitudes e matrícula - Días de entrega

  • Admisión alumnado 2026/2027 - ESO - Bacharelato

Logo fp
logo_av
logo_fp_distancia
logo_p_laranxa
logo_rede_dixital
logo_fondo_europeo
logo_erasmus
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Vilalonga