A FP Básica en Cociña e Restauración ofrece unha formación práctica orientada á adquisición de competencias profesionais básicas no ámbito da hostalaría. Traballamos metodoloxías activas que favorecen a aprendizaxe significativa e a motivación do alumnado. Desenvolvemos proxectos de innovación, como a creación dun bosque micolóxico, que permiten conectar a formación co contorno e coa sustentabilidade. O noso obxectivo é facilitar a inserción laboral e a continuidade dos estudos, promovendo hábitos de traballo responsables e autónomos.
Para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
De quedaren prazas vacantes, poderanse completar os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
