O proxecto Polos Creativos converte o centro nun espazo de aprendizaxe innovador, orientado ao desenvolvemento da creatividade, a experimentación e a resolución de retos reais. Trátase dun contorno educativo no que o alumnado traballa por proxectos, afronta problemas complexos e constrúe resultados tanxibles a través do deseño e do prototipado. Para levar a cabo as diferentes situacións de aprendizaxe, contamos con diverso material tecnolóxico: impresora 3D, cortadora láser, robots, tecnoloxías con intelixencia artificial, gafas de realidade virtual, zona de croma ou radio, entre outros, integrando tecnoloxía e creatividade nun mesmo espazo. Os Polos Creativos promoven unha aprendizaxe colaborativa, interdisciplinar e baseada na investigación, aplicable a todos os ámbitos do saber. Funcionan como un nodo de actividades tecnolóxicas e dixitais que fomentan o pensamento de deseño e a innovación. Este proxecto impulsa o desenvolvemento de competencias clave e prepara ó alumnado para os desafíos do presente e do futuro.
