No IES de Vilalonga ofertamos os módulos III e IV das ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESPA). Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas de terceiro e cuarto cursos da educación secundaria obrigatoria (ESO).
Ao rematar o módulo final obtense o título de Graduado en ESO, que permite acceder a ciclos formativos de grao medio, bacharelato ou ó mundo laboral. Ademais, existe a opción de obter o título mediante probas libres convocadas oficialmente dúas veces ó ano para quen non poida asistir regularmente ás clases.
