O Proxecto ARDIA é unha iniciativa de innovación tecnolóxica aplicada á Formación Profesional, centrada no deseño e construción dun arco de diagnose para vehículos. Este sistema incorpora intelixencia artificial para a detección automática de desperfectos como raiaduras, aboiaduras ou problemas de aliñación das rodas. O Proxecto ARDIA permite realizar unha diagnose máis precisa, obxectiva e eficiente do estado dos vehículos e contribúe a axilizar os procesos de inspección e avaliación, reducindo tempos e mellorando a calidade do servizo. A través desta iniciativa, o alumnado aplica coñecementos de automoción, electrónica e tecnoloxías dixitais en contornas reais. ARDIA exemplifica a aposta do centro pola innovación, a aprendizaxe práctica e a integración da IA no ámbito profesional.
ACTUALIDADE
Esta semana acudimos a FP Innova para presentar o Proxecto ARDIA, coordinado e desenvolvido polo profesorado e alumnado da rama de transporte e mantemento de vehículos do noso centro.
Seguimos avanzando na construción do Proxecto ARDIA coa montaxe da estrutura principal e o acople das luces e elementos decorativos principais.
No día de hoxe incorporamos os elementos de captación de imaxe, xunto co software de tratamento das imaxes.
Iniciamos o Proxecto ARDIA co deseño en 3D do arco de diagnose. Buscamos así ter unha referencia clara en canto a medidas, deseño estético e obxectivos de construción. Continuará…
