• Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • Terra de cogomelos
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • Terra de cogomelos
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

Miga de pan

  • Inicio
  • FP Automoción

FP Automoción

Dende o IES de Vilalonga ofrecemos unha formación completa e actualizada, orientada ás necesidades reais do sector da automoción. Contamos con FP Básica, FP de Grao Medio e FP de Grao Superior, o que permite ó alumnado iniciar, continuar e especializar o seu itinerario formativo nun mesmo entorno educativo. A través dun ensino eminentemente práctico, o alumnado adquire competencias técnicas, hábitos profesionais e coñecementos tecnolóxicos clave para a súa inserción laboral. As nosas instalacións e equipamentos están adaptados á realidade dos talleres actuais. Ademais, mantemos unha estreita relación co tecido empresarial da contorna. A FP de Automoción é unha opción de futuro, con alta empregabilidade e amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Convidámoste a formar parte dun sector en constante evolución

Use the arrow keys to navigate between tabs

FPB Mantemento de Vehículos

Para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

De quedaren prazas vacantes, poderanse completar os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Máis información sobre acceso e admisión

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

Os módulos que inclúe o CB Mantemento de Vehículos e os seus períodos semanais son os seguintes:

O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E os martes pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.

Nos ciclos formativos de grao básico a duración da formación na empresa será de 400 horas.

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Enerxía e auga
  • Fabricación mecánica
  • Industrias extractivas
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Química
  • Transporte e mantemento de vehículos

En que ámbitos se traballa?
No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios; operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de taller de mecánica rápida.

Electromecánica e mantemento de vehículos

Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:

  • Título de ESO (LOE ou LOXSE).
  • Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE).
  • Título de técnico auxiliar.
  • 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.
  • 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM.
  • Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
  • Título profesional básico.
  • Módulos obrigatorios dun PCPI.
  • O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
  • A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
  • A proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño.

Máis información sobre admisión

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

Os módulos que inclúe o CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles e os seus períodos semanais son os seguintes:

O horario do curso desenvólvese de luns a venres en quenda de mañá, desde as 08:30 ata as 14:10. E de luns a mércores pola tarde, en horario de 16:15 a 18:00.

Nos ciclos formativos de grao medio a duración da formación na empresa será de 500 horas.

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

En que ámbitos se traballa?
En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión, etc.).

Que ocupacións se desempeñan?
Electronicista de vehículos; electricista electrónico de mantemento e reparación en automoción; mecánico/a de automóbiles; electricista de automóbiles; electromecánico/a de automóbiles; mecánico/a de motores e os seus sistemas auxiliares, de automóbiles e motocicletas; reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos; reparador/ora de sistemas de transmisión e freos; reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión; operario/a de ITV; instalador/ora de accesorios en vehículos; operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios; electromecánico/a de motocicletas, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose

CS Automocion. Dual Intensiva.

1. Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:

a) Título universitario.

b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.

c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.

d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.

e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.

f) BUP.

g) Título de técnico.

h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

2. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Máis información sobre admisión

Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

1º Curso: O horario do curso desenvólvese de luns a xoves en quenda de tarde, desde as 16:15 ata as 21:30. E os venres, en horario de 16:15 a 19:50. En quenda de mañá impártese o módulo de Itinerario Personalizado para a Empregabilidade (Luns: 13:20-14:10; Martes e Mércores: 12:30-14.10)

2º Curso: O horario do curso desenvólvese de luns a xoves en quenda de tarde, desde as 16:15 ata as 21:30. E os venres, en horario de 16:15 a 17:55. 

 

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica. Recepcionista de vehículos. Xefe/a de taller de vehículos de motor. Encargado/a de ITV. Perito/a taxador/ora de vehículos. Xefe/a de servizo. Encargado/a da área de recambios. Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos. Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura.

 

(TMVG0109) Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos

Nivel 1: Non se requiren cualificacións académicas nin profesionais, aínda que si que son necesarias habilidades comunicativas suficientes para facilitar a aprendizaxe. Se se requiren habilidades básicas previas, o curso correspondente pode incluír formación complementaria para este fin.

COMPETENCIA XERAL: Realizar operacións auxiliares de mantemento na área electromecánica, cumprindo as especificacións técnicas, en condicións de seguridade e baixo a supervisión dun técnico superior.

Os módulos formativos e a súa distribución horaria é a seguinte:

Profesións ou postos de traballo relacionados:

  • Axudante de electromecánica de automóbiles.
  • Axudante de almacén de pezas de reposto.
  • Técnico de taller de reparación de servizo rápido.

AVISOS

  • Exames Perdas de Avaliación Continua e Pendentes - 2º FP Básica

  • Acreditación competencias dixitais - FP Grao Medio

  • Exames finais en FP Media e Superior

Logo fp
logo_av
logo_p_laranxa
logo_rede_dixital
logo_fondo_europeo
logo_erasmus
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Vilalonga